Connect with us

Patrocinio

Xuventude presenta a programación ata finais do ano, cun obradoiro de arte urbano como principal novidade 

A Concellería que dirixe Jorge Bustos mantén actividades que esgotan prazas como ioga, zumba e sendeirismo, mentres inclúe outras como esgrima e comunicación.

«O taller de graffiti Pinta con nós responde ás múltiples solicitudes que tivemos e, só nesta actividade, poderán participar lucenses de todas as idades», sinala o edil.

A programación, dirixidas a mozos e mozas de 14 a 35 anos, desenvolveranse na Casa da Xuventude. A inscrición está aberta desde hoxe na web www.xuventudelugo.gal.

Preto de dez actividades de moi diferentes temáticas conforman a nova programación da área de Xuventude, presentadas esta mañá polo concelleiro responsable desta área, Jorge Bustos, quen destacou entre as principais novidades «a posta en marcha dun obradoiro de arte urbano, que imos desenvolver en resposta ás múltiples solicitudes para aprender as técnicas do graffiti, e que ademais, unicamente neste caso, estará aberta a todas as idades, coa idea de que sexa unha actividade interxeracional». A gran maioría das propostas comezarán o 13 de outubro e se prolongarán ata o 15 de decembro, como é o caso de zumba, ioga, esgrima, hip hop e expresión corporal e core. Mentres, o taller de graffity «Pinta con nós» desenvolverase o 15 de novembro, e outras propostas como as xornadas de deporte antigo, as rutas de sendeirismo e as sesións de Lugo Comunica terán lugar en diferentes días ao longo do último trimestre deste ano.

A nova programación, presentada hoxe polo concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, en compañía dalgúns monitores e profesoras das distintas actividades, está dirixida a mozos e mozas de 14 a 35 anos, e na súa gran maioría, desenvolveranse na Casa da Xuventude. Desde hoxe xa é posible inscribirse na web www.xuventudelugo.gal. O edil Jorge Bustos explica que «un ano máis intentamos manter as propostas que todos os anos esgotan o número de prazas como ioga, sendeirismo ou zumba; introducir novidades de acordo ás peticións que recibimos ao tempo que tamén repetimos cursos incorporados o ano pasado e que tiveron moi boa acollida como os obradoiros de comunicación e as Xornadas de Deporte Antigo». Ademais destes aspectos, o edil de Xuventude fai fincapé en que «se trata de actividades de moi distintos ámbitos e temáticas, sempre dando prioridade ao ocio activo e saudable, e ao ser actividades gratuítas, son accesibles para toda a mocidade».   

Algunas das novidades incorporadas ao programa o ano pasado, repiten na programación para este trimestre como as Xornadas de Deporte Antigo, unha actividade que a súa vez inclúe relatorios sobre os gladiatura, adestramentos conxuntos con intercambio de loitas, xogos panhelénicos, acondicionamento físico na antigüidade ou xornada de portas abertas para probar as distintas disciplinas deportivas, entre outras.

A programación de xuventude sigue a dar importancia á oratoria e ás técnicas de comunicación e por iso outra das actividades que desenvolverán desde esta área é a denominada Lugo Comunica, con varias sesións entre outubro e decembro nas que os mozos e mozas poderán aprender a superar con éxito unha entrevista de traballo; os métodos máis efectivos para defender con éxito un traballo de, por exemplo, fin de grao; as claves da comunicación asertiva; ou ensaios de entrevistas e exposicións de proxectos. Con estas catro sesións, desde Xuventude queren afondar nas actividades abordadas o ano pasado sobre as cuestións claves na oratoria e os erros máis frecuentes á hora de falar en publico.

Advertisement