O equipo local non soubo pechar o partido e o Salamanca logrou igualar na segunda metade.
División de Honra xuvenil
Ribeira FS Sibuscascoche – Salamanca FS
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 2-2
Alineación: Hugo Sánchez, Álvaro, David, Iker, Iago
Banquiño: Pablo Dorado, Dani, Marco, Mateo, Hadrian, Miguel
Goleadores: Marco, Iago
Resumo do partido:
A primeira parte comezou cun Salamanca que apretaba moito o balón, o que impediu ao Ribeira FS mover con comodidade e provocou varias perdas que derivaron nas primeiras ocasións dos visitantes. Con todo, os locais comezaron a sacudirse a presión pouco a pouco e foron lográndo organizarse e creando ocasións. Aos 9 minutos, Iago aproveitou un roubo para marcar o 1-0. O Salamanca logrou recurtar distancias pronto, e o partido alcanzou os últimos minutos da primeira parte con moita igualdade. Finalmente, Marco roubou o balón, realizou unha boa acción e puxo o 2-1 antes do descanso.
Na segunda parte, o Salamanca dominou os primeiros 10 minutos, tendo algunhas ocasións para poñer o empate. Os lucenses tamén creaban perigo, pero cando mellor xogaban os locais, chegou o gol do 2-2 nunha boa acción individual dos visitantes. Nos minutos finais, o Ribeira FS tomou as rendas do partido, pero sen acerto, estrelando algúns balóns nos paus e creando boas ocasións que non se materializaron.
Clave do partido:
As numerosas perdas de balón no noso campo dificultaron a capacidade de pechar o partido.
Frase do adestrador:
«Empate xusto, non creo que fora un gran partido pola nosa parte. Pero soubemos sobrepoñernos a dúas derrotas consecutivas e volver a ser competitivos.»
Próximo enfrentamento:
Stellae Leis agarda en Pontevedra aos de Pablo Díaz.