O Ribeira FS viaxaba con moita ilusión a fronte do líder da categoría, O Parrulo, co obxectivo de prolongar a súa boa racha de tres vitorias consecutivas. Sen embargo, a xornada non se lle deu ben ao conxunto dirixido por Pablo Díaz, que loitou de principio a fin, pero viu como os pequenos detalles xogaban en contra e, finalmente, caeu por 3-2.
**Primeira Parte:**
O partido comezou con O Parrulo tomando a iniciativa. Os locais dominaron a posesión e fixeron circular o balón con moita velocidade, xerando varias ocasións claras de perigo a base de boas xogadas colectivas. O Ribeira non se deixou amedrentar e, a pesar de non gozar dunha posesión tan longa, conseguía crear peligro a base de contragolpes e xogadas a balón parado. A igualdade parecía reinar durante boa parte da primeira metade, pero a poucos minutos do descanso, O Parrulo conseguiu adiantarse tras unha boa combinación en ataque. O Ribeira intentaba reaccionar, pero o marcador reflectía un 1-0 ao descanso.
**Segunda Parte:**
A segunda parte comezou cun Ribeira máis atrevido, subindo as liñas e tratando de presionar máis arriba. O conxunto ribeirense conseguía xerar varias ocasións a base de roubos de balón, mentres que O Parrulo tamén se mostraba perigoso a través do seu xogador pivote. O empate chegou logo dunha boa acción de ataque, con Álvaro logrando materializar o tanto que igualaba o marcador. Sen embargo, a alegría do empate durou pouco, xa que O Parrulo respondeu con rapidez, adiantándose de novo grazas a un roubo e un contragolpe ben executado.
Nos últimos minutos, co porteiro xogador, o Ribeira intensificou a súa presión. Logrou volver a empatar o encontro nunha xogada de gran determinación, pero a falta de 30 segundos, un erro na saída de balón co porteiro xogador levou á perda do esférico, e O Parrulo non perdou a ocasión. O porteiro rival, dende a súa propia portería, lanzou un balón longo que foi directamente á rede, selando o 3-2 definitivo para os locais.
**Claves do partido:**
O encontro estivo marcado por moitas alternancias no xogo, con ambos equipos buscando a vitoria en todo momento. A decisión final chegou por pequenos detalles: a capacidade de O Parrulo para aproveitar os contragolpes e a perda de balón do Ribeira no último minuto.
**Alineación do Ribeira FS:**
Erik; Álvaro, Mateo, Héctor, Iago.
Banquillo: Hugo, Brais, Dani, Iker, Miguel, Aarón.
**Goles do Ribeira FS:**
Álvaro, Dani.
**Declaración do adestrador Pablo Díaz:**
«Orgulloso do ben que competiu o equipo ata o final, que non deixou de buscar a victoria. Sabíamos que tiñamos que pelexar cada balón e, aínda que non saímos co resultado desexado, amosamos carácter ata o último segundo.»
O Ribeira volve a casa cunha derrota amarga, pero cunha lección importante de cara aos próximos compromisos. A loita polo título continúa.

