Connect with us

Balonmán

Viveiro quedou co derbi feminino grazas a espectacular actuación da súa porteira

Millavén CP Lucense 17 – BM Viveiro 23 (6+11)
Árbitro: Nicolás Núñez

Alineación do Millavén CP Lucense: Aldara; Lina (5), Aicha (1), Lola (7), Xiana, Carlota, Natalia, Uxía (4), Iria, Jimena e Valentina.

O equipo infantil feminino do Millavén CP Lucense non puido ofrecer unha vitoria á súa afección, a pesar de realizar un bo encontro e mostrar unha gran actitude durante todo o partido. A falta de acerto no lanzamento resultou decisiva para que as locais non puidesen estar máis preto dun BM Viveiro que baseou o seu xogo na efectividade dunha das súas xogadoras máis destacadas.

Ao descanso, o conxunto visitante dominaba cunha vantaxe de catro goles (6-10). Tras o paso polos vestiarios, as lucenses reaccionaron con forza, reducindo diferenzas e ofrecendo os seus mellores minutos, pero novamente o escaso acerto fronte á porteira rival limitou as opcións de remontada. Finalmente, o marcador pechouse cun 17-23 que deixa boas sensacións polo esforzo e a entrega das xogadoras do Millavén.

Advertisement