Lugo Sala pecha o pase ás semifinais, que xogará en Maio contra CD La Peña, en Marín
Cadete preferente feminino
Forma-T Vilalba vs Lugo Sala Recambios Frain
Resultado ao descanso: 1-0
Resultado final: 1-3
Alineación: Nati, Cande, Leire, Andre, Ale
Banquiño: Juanita, Nadia, Alba, Uxí, Mari
Goleadoras: Cande, Ale (2)
Destacadas da xornada: Ale, Cande, Andre
Resumo do partido:
O Lugo Sala Recambios Frain comezou ben, sabendo da importancia do partido, con boa mobilidade de balón e un xogo táctico moi ben executado, facendo conexións sinxelas e atopando espazos. A intensidade foi o punto débil, xa que o Vilalba superou ás capitalinas en duelos individuais e non deu tregua, manténdose firme en todo momento. Aínda que as de Luchi tiveron unha ocasión clara nun balón que se lle escapou á porteira vilalbesa, non se conseguiu materializar, as da terra chá tiveron varias chegadas perigosas, conseguindo marcar, e deixando o resultado ao intermedio con 1-0 para as locais.
Na segunda parte, o Lugo Sala saíu máis centrado e coa intención de buscar a portaría rival, facendo un xogo máis vertical e mellorando en ataque. O primeiro gol deu un respiro ao equipo e permitiu controlar mellor os ataques villalbeses, logrando cortar os seus avances e deixando só pequenos sustos. Pelexando os duelos individuais e corrixindo os erros da primeira parte, o Lugo Sala pechou o partido, con 3 goles en 7 minutos, entre o 32 e o 39, que lle deron algo de tranquilidade para rematar o partido con solvencia.
Clave do partido: Cambiar o chip a tempo.
Frase de Luchi: “Unha victoria sufrida, pero moi importante.”
Próximo enfrontamento: Comeza a Copa viaxando a Ferrol para xogar contra O Parrulo. As pequenas de Luchi están encadradas no Grupo 1 co propio O Parrulo e coas tamén lucenses do Ribeira FS.