Connect with us

Fútbol Sala

Vitoria dun Lugo Sala que segue cotizando ao alza

A seriedade defensiva no segundo tempo garante os tres puntos para os lucenses, que meten presión a O Carballiño.

Xuvenil División de Honor
Lugo Sala Acasti reformas – Redondela FS
Resultado ao descanso: 4-2
Resultado final: 6-3

Aliñación: Álex, Dorado, Javi, Seo, Sanfiz
Banco: Vila, Dela, Yagolin, Rión, Braisete, Mera
Goleadores: Javi 4 e Sanfiz 2

O Lugo Sala iniciou o encontro cun ritmo forte, poñéndose rapidamente 2-0 grazas a dous goles de Javi e Sanfiz. O Redondela non tardou en responder, conseguindo empatar 2-2, o ritmo era frenético, con 4 goles en 7 minutos, pero o equipo lucense non perdeu a compostura e, dende unha defensa seria, logrou poñer en marcha a súa maquinaria ofensiva. A seriedade dos rapaces de Christian permitiulles non pasar excesivos apuros atrás e, ao final, anotaron dous goles máis antes do descanso, de novo por medio de Javi e Sanfiz , deixando o marcador en 4-2.

Na segunda parte, o equipo lucense seguiu sendo firme en todos os aspectos do xogo, e a vantaxe aumentou a 6-2 grazas a dúas boas transición que rematou Javi. Os visitantes reaccionaron xogando con porteiro xogador, anotando o 6-3, pero o Lugo Sala non tivo fallos na recta final e selou a vitoria. Con esta vitoria, o Lugo Sala encadea tres partidos consecutivos gañando, e 5 sen perder, aferrándose á competición, á espera dunha máis que posible sanción ao Carballiño, por incomparecencia, que lles restaría 3 puntos e deixaria aos lugueses dous puntos por diante a falta de 4 xornadas.

Clave do partido: A seriedade defensiva no final da primeira parte e na segunda parte.

Frase de Christian:
«Partido moi serio do equipo ante un rival moi incómodo.»

Próximo enfrontamento:
O Lugo Sala xogará contra o CD San Cristóbal no seguinte partido.

Patrocinio