As de Luna impuxéronse por 4-3 nun encontro vibrante e cheo de emocións, decidido pola súa unión e xogo colectivo.
Preferente Alevín Femenina
Ribeira En Boas Máns vs Burela FSF
Resultado ao descanso: 1-0
Resultado final: 4-3
Aliñación: Daniela Quijada, María, Andrea López, Cira, Alba
Banquiño: Martina, Candela, Aldara, Claudia, Antia, Paula, Yaisa
Goleadoras: Alba, Andrea, Cira, Antía
Destacadas da xornada:
- Daniela
- Antía
- Martina
Resumo:
O Ribeira comezou o partido cun nivel de xogo excelente, dominando a posesión e xerando ocasións claras dende o primeiro minuto. A intensidade e orde defensiva das da capital permitíronlles manter o control e adiantarse cedo no marcador cun gol que fixo xustiza ao seu dominio. A primeira metade foi un exemplo de disciplina e solidariedade, e só a falta de acerto evitou que a vantaxe fose máis ampla antes do descanso (1-0).
Na segunda parte, o espectáculo foi total. O Burela reaccionou con forza e logrou o empate, pero o Ribeira mantivo a calma e seguiu apostando polo seu estilo combinativo. As lucenses, firmes en defensa e valentes en ataque, volveron poñerse por diante con xogadas moi traballadas, todas finalizadas ao segundo pau. A intensidade, a ilusión e o espírito de equipo permitiron á rapazas do Ribeira levarse unha vitoria merecida nun encontro de moita igualdade e ritmo.
Clave do partido:
O disfrute dun xogo en equipo sustentado na amizade e no esforzo colectivo.
Frase da adestradora (Luna):
«Ver esa amizade e como tratan de desfrutar e facer desfrutar a todos os que rodeamos este equipo é un regalo semana a semana.»
Próximo rival:
A próxima xornada , derbi capitalino contra o Lugo Sala Dental Arias.