Os lucenses deixaron unha boa imaxe nun partido igualado decidido por pequenos detalles e dúas accións clave nos minutos finais.
Cadete Preferente Masculina
Galicia Gaiteira – Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 3-4
Aliñación: Álvaro, Gabri, Xoel, Pepe, Mateo
Banquiño: Lucas, Enzo, Alan
Goleadores: Xoel (2), Lucas, Gabri
Destacados da xornada: Xoel, Álvaro, Lucas
Resumo 1ª parte
O Galicia Gaiteira levou o peso do partido nos primeiros minutos, apoiándose na súa calidade individual para xerar vantaxes e chegar con perigo á área lucense. O Lugo Sala, ben colocado atrás, defendeuse con orde e buscou aproveitar as transicións rápidas para sorprender.
A igualdade foi a tónica dominante, ata que ambos equipos atoparon o camiño do gol, deixando un 1-1 ao descanso que reflectía á perfección o visto sobre a pista.
A segunda metade mantivo o mesmo guión: o conxunto local trataba de romper o encontro mediante accións individuais, mentres que os xogadores de Miki xeraban máis ocasións claras, sobre todo en transición e balón parado.
O partido chegou igualado aos minutos finais, nos que Álvaro detivo dous dobres penaltis, mantendo viva a esperanza lucense. Porén, algunhas decisións arbitrais moi discutidas romperon o ritmo do encontro, ainda que finalmente o resultado foi de 3-4 para o Lugo Sala, aguantando ben os últimos minutos de partido.
Clave do partido:
A capacidade do equipo para adaptarse aos diferentes momentos do encontro e o traballo colectivo en defensa e transición.
Frase de Miki:
“Ser un EQUIPO, tanto deportivamente como a nivel actitudinal.”
Próximo rival:
O Lugo Sala recibe ao Pontedeume FS, segundo clasificado da liga e rival de moitísimo nivel.
O equipo lucense chega cunha dinámica excelente, acumulando tres vitorias consecutivas e sensacións moi positivas.