Connect with us

Fútbol Sala

Vitoria de mérito a domicilio de Lugo Sala antes do derbi capitalino con Casás

O pasado domingo, día 16 de febreiro, o equipo infantil preferente masculino do Lugo Sala Acasti Reformas viaxou ata Santiago de Compostela para disputar un encontro de alta intensidade no pavillón de Fontepedriña contra o A.D. Codima. O conxunto lucense logrou unha importante vitoria por 1-2, que os afianza na metade alta da clasificación.

Resultado primeira parte : 0-1

Resultado final : 1-2

ALINEACIÓN DO LUGO SALA ACASTI REFORMAS:

Asier Gil Cadavide, Lucas Nogueiras Pires, Xoel Pena Paderne, Enzo Villalta Ceide, Mateo Soto Veiga.

BANQUIÑO:

Pablo Arias López, Daniel Villamor Vázquez, Enzo Villalta Ceide, Nuno López Varela.

GOLES:

0-1 Xoel Pena Paderne 

0-2 Enzo Villalta Ceide

Primeira parte:

O partido comezaba con intensidade por parte de ambos os dous equipos, sen que houbera un dominador claro nos primeiros minutos. O A.D. Codima tentaba poñer a súa presión, pero era o Lugo Sala quen contaba coas ocasións máis claras. Ao longo dos primeiros 20 minutos, os xogadores lucenses tiveron varias chegadas á portería contraria, pero non foi ata unha contra ben levada que se fixo notar o marcador. Foi  Xoel quen, no minuto 19, abriu a lata cun gol que chegou despois dunha rápida transición e dun disparo ben colocado. Co 0-1, o Lugo Sala chegou ao descanso, cun resultado que reflectía a súa mellor produtividade no campo.

Segunda parte:

A segunda metade non cambiou demasiado o guión, co Lugo Sala mantendo a iniciativa do xogo e as ocasións chegando con forza. Enzo foi o encargado de poñer terra de por medio no minuto 44, cun gol que supoñía o 0-2 e case sentenciaba o encontro. O equipo local, o A.D. Codima, reaccionou nos últimos minutos, buscando recurtar distanzas. No minuto 49, lograron o 1-2 grazas a un gol que, aínda que recurtaba a vantaxe, chegou xa cando o tempo estaba practicamente agotado. Non houbo tempo para máis e o Lugo Sala levou os tres puntos na súa visita a Santiago.

Os mellores do partido:

Unha vez finalizado o encontro, a elección dos mellores xogadores do equipo non foi fácil, pero os tres mellores foron os seguintes:

– 3 puntos: Xoel

– 2 puntos: Enzo

– 1 punto: Asier

Resumo do encontro:

O Lugo Sala Acasti Reformas demostrou durante todo o encontro ser un equipo moi sólido, coas ideas claras e eficaz no remate. A súa capacidade de aproveitar as contras foi clave para levarse os tres puntos de Santiago. O A.D. Codima, a pesar de ser un equipo combativo, non conseguiu poñer en apuros a un Lugo Sala que soubo manter a vantaxe ata o final.

Debuts na categoría:

– Nuno López Varela, xogador do equipo alevín, fixo o seu debut na categoría infantil preferente e sumou minutos de aprendizaxe.

Frase do adestrador:

«O máis importante é que o equipo estivo concentrado durante todo o partido, soubo xogar as súas bazas e conseguiu un resultado merecido. A vitoria foi un traballo de equipo no que todos puxeron o seu grao de area. Agora toca prepararse para o derbi contra Casás”

-José, adestrador do Lugo Sala Acasti Reformas.

A próxima xornada, o Lugo Sala terá un dos derbis máis emocionantes da cidade de Lugo, xa que se enfrontará contra Casás, con Caás como equipo local. Un partido que promete ser unha auténtica batalla deportiva.

Patrocinio