Vitoria con solvencia na copa coa mirada posta nas semis polo título de Liga
Cadete femenino – Copa, Oitavos de final
Lugo Sala Recambios Frain vs Monterroso SD
Resultado ao descanso: 2-0
Resultado final: 6-1
Aliñación: Nati, Lei, Alba, Mari, Ale
Banco: Cande, Juanita, Andre, Nadix
Goleadoras: Mari (3), Cande e Ale (2)
Destacadas da xornada: Mari, Alba, Cande
O Lugo Sala Recambios Frain comezou o encontro algo despistado, tardando en atopar o seu ritmo. A pesar de varios intentos, o equipo non estaba fluíndo ao nivel desexado e esrerado. O primeiro gol chegou aos 11 minutos, logo de varios intentos sen gran perigo. Co paso dos minutos, o equipo atopou maior comodidade no xogo, xerando máis ocasións claras. Pola súa parte, o Monterroso apenas tivo ocasións para chegar á área e non creou excesivo perigo.
Na segunda metade, as rapazas de Luchi sairon moito máis despexadas e coas ideas claras. As da Ulloa introduciron a Leti como pívot, o que xenerou algo máis de perigo. O tramo final do partido foi o máis revolucionado, con moitas chegadas e goles para ambos equipos. O Lugo Sala marcou tres goles idénticos en xogadas de 2 contra 1, que deixaron o marcador en 6-1 ao remate do tempo regulamentario.
Clave do partido: O Traballo.
Frase de Luchi: “Contentos polo pase a cuartos de final de copa.”
Próximo enfrontamento: En copa, o Lugo Sala xogará contra o Castro o 16-17 de maio. Este fin de semana, o equipo de Luchi tamén xoga as semifinais pola liga contra o equipo de Marín, CD La Peña, a partido único. Na outra semifinal polo título de Liga tamén está outro equipo da nosa provincia, o Castro FSF que se xoga o pase á final, como local , contra o ED Poio.