O conxunto lucense asinou un partido serio e efectivo, con goles de Enzo, Iker (2) e Villamor, para sumar a súa segunda vitoria da tempada.
Lugo Sala Acasti Reformas vs DVLagoSport
RESULTADO AO DESCANSO: 3-1
RESULTADO FINAL: 4-2
ALIÑACIÓN: Asier – Villamor – Enzo – Pedro – Iker
BANQUIÑO: Gael – Iker Ramos – Nuno
GOLEADORES: Enzo, Iker (2), Villamor
RESUMO PRIMEIRA PARTE:
O Lugo Sala comezou moi concentrado, apostando por unha defensa en media pista e unha presión agresiva que provocou varios erros no rival. As ocasións non tardaron en chegar, pero o porteiro visitante evitou o primeiro tanto ata que Enzo, cun potente lanzamento de falta directa, abriu o marcador. Pouco despois, unha boa transición e unha xogada de estratexia permitiron ampliar a vantaxe ata o 3-0. Nos últimos segundos, un erro de contundencia defensiva facilitou o 3-1 co que se chegou ao descanso.
RESUMO SEGUNDA PARTE:
O DVLagoSport saíu mellor tras o paso polos vestiarios e recurtou diferenzas cedo, pero o Lugo Sala mantivo a calma e seguiu firme atrás. A seguridade defensiva e o acerto individual de Iker, que culminou unha gran acción persoal para establecer o 4-2, resultaron decisivos. Nos últimos minutos, o conxunto lucense defendeu con orde e sen sufrir para pechar unha vitoria de mérito.
XOGADORES DESTACADOS:
Villamor, Enzo, Asier
CLAVE DO PARTIDO:
Evitar erros na elaboración e manter a intensidade defensiva durante todo o encontro.
PRÓXIMO ENFRONTAMENTO:
Troula FS