Connect with us

Uncategorized

Vitoria de equipo do Ribeira no derbi ante Burela na cadete Preferente feminina

O Ribeira F.S. 11TeamSports disputou no Polideportivo Sómos Fútbol de Lugo o último partido da tempada regular da División Cadete Preferente Feminina, recibiendo ao Burela F.S. nun encontro cheo de emocións e reviravoltas que non deixou indiferente a ninguén.

Alineación do Ribeira F.S. 11TeamSports 

Sainza Porto Carballes, María Granero Vázquez, Carla Vázquez Silva, Paula González Mouriz, Candela Vilarín Salvador. 

Banquiño:

Chloe Martínez Pujades, Antía Rodríguez Barral, Jimena Vila Refojo, Nerea Corral Meilán. 

Goleadoras ;

Nerea 5

María

Paula

A primeira parte foi de moita intensidade, pero tamén de altibaixos para as de Ribeira. O encontro comezou cunha mala entrada para as locais, que viron como o Burela se adiantaba 0-2 nos primeiros minutos do partido. Este golpe inicial serviu como un espertar para o equipo, que se puxo a traballar arreo para voltar ao encontro. Pronto chegarían os goles. Primeiro Nerea Corral Meilán recurtaba distancias (1-2), logo Paula González igualaba a contenda (2-2), e novamente Nerea, cun gran disparo, poñia ao Ribeira por diante no marcador (3-2). Con esta vantaxe, as xogadoras de Antía Rodríguez parecía que tomaban o control, pero os erros na defensa permitiron que o Burela se volvese a adiantar por 3-4 antes do descanso.

Na segunda metade, o Ribeira saíu máis concentrado e fixo os axustes necesarios para mellorar a súa rendemento. Non obstante, os goles tardaron en chegar. Finalmente, Nerea Corral, heroína do encontro, marcou dous goles seguidos que levaron ao Ribeira de novo por diante no marcador (5-4). Pero o Burela non se rendeu e, tras algúns erros defensivos das locais, lograron empatar o partido a 5 goles. Nos últimos minutos de partido, a calma e a serenidade das xogadoras locais prevaleceron. María Granero, con tranquilidade, marcou un gol crucial (6-5), e foi Nerea Corral, cun impecable remate, quen selou a victoria para o Ribeira F.S. 11TeamSports, que gañou finalmente 7-5, cunha Nerea Corral que acabou o encontro cunha cifra espectacular de 5 goles.

Os tres mellores xogadores do Ribeira F.S. 11TeamSports

– 3 puntos: Nerea Corral Meilán 

– 2 puntos: María Granero Vázquez 

– 1 punto: Antía Rodríguez Barral 

Clave do partido: 

A clave do encontro foi, sen dúbida, manter a posesión do balón e non deixar que os erros defensivos desestabilizasen ao equipo. A calma e a xenerosidade de xogo nos últimos minutos foron decisivas para conseguir a victoria.

Frase da adestradora, Antía Rodríguez:

«Este partido foi unha lección para todas nós: hai que estar concentradas de principio a fin e non baixar os brazos en ningún momento. A victoria chegou grazas ao traballo en equipo e á calma en momentos de tensión.»

Patrocinio