Connect with us

Balonmán

Vitoria con valor dobre do Millavén xuvenil

Os lucenses manteñen a iniciativa durante todo o encontro e aseguran un triunfo moi traballado.

O Juvenil Masculino do Millavén CP Lucense logrou unha vitoria importante diante do BM Porriño, nun partido no que os lucenses amosaron desde o inicio a súa determinación por quedar cos dous puntos. Coñecedores da relevancia do encontro, saíron á pista moi concentrados e axiña se puxeron por diante no marcador.

Esa boa posta en escena permitiulle ao Millavén controlar o xogo na primeira metade e chegar ao descanso cunha renda favorable de 12-9, froito do seu maior acerto nas áreas e dunha defensa sólida que dificultou as accións ofensivas do conxunto visitante.

Na segunda parte, o Porriño intentou reducir diferenzas e chegou a gañar o parcial (15-16), pero os lucenses souberon xestionar a vantaxe acumulada e non deron opción á remontada. A capacidade para manter a calma nos momentos decisivos resultou clave para pechar o encontro no definitivo 27-25.

No apartado ofensivo destacou Lucas, máximo anotador do partido con 9 goles, ben secundado por Adri, autor de 8 tantos. Tamén tiveron unha achega importante Brayan (4), Amir (3), Feijoo (2) e André (1), nun triunfo baseado no traballo colectivo.

Alineación do Millavén CP Lucense:
Martín e Alex; Lucas (9), Miguel, Adri (8), David, Hugo, Rodrigo, Xan, Brayan (4), Feijoo (2), André (1) e Amir (3).

Árbitro: André Pena.

Advertisement