Segunda vitoria consecutiva nun partido serio que só se apertou nos minutos finais.
O Cadete Masculino do Millavén CP Lucense continúa coa súa boa dinámica e sumou o seu segundo triunfo seguido tras superar ao BM Narón nun encontro traballado e ben encamiñado desde o inicio.
O conxunto lucense entrou moi centrado ao partido e pronto se fixo co control do marcador, apoiado nun xogo sólido que lle permitiu chegar ao descanso cunha vantaxe de 17-13. A primeira metade deixou ver a un Millavén ordenado e efectivo nas dúas áreas.
Na segunda parte, os lucenses deron continuidade ao seu bo momento e foron ampliando a diferenza ata alcanzar os dez goles de vantaxe, deixando o encontro practicamente resolto. Nos minutos finais, o Narón conseguiu reducir distancias, pero sen poñer en perigo o triunfo local, que se pechou no 33-25 definitivo.
No apartado ofensivo destacou David, máximo goleador con 11 tantos, acompañado por Brayan (7) e por Héctor e André, ambos con 4 goles. Tamén sumaron Breixo (3) e Óscar, Nuno, Ernesto e Manu (1 cada un), nun partido de bo rendemento colectivo.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Dani; Óscar (1), Nuno (1), Héctor (4), Rodrigo, Andrés, David (11), Breixo (3), Brayan (7), André (4), Ernesto (1) e Manu (1).
Árbitro: Nicolás Núñez.