Os lucenses non atoparon o ritmo nin a intensidade necesaria ante un rival moi superior dende o inicio.
División de Honra Xuvenil – Grupo 1
Ribeira F.S. Sibuscascoche vs Valladolid Tierno Galván
Resultado ao descanso: 0-4
Resultado final: 0-6
Aliñación ; Hugo Sánchez, Miguel, Dani, Iker, Tubio
Banquiño ; Pablo Dorado, Álvaro, Iago, Mateo, Hadrian, Marco
Resumo do partido
O encontro arrincou costa arriba para o Ribeira, que encaixou dous goles no primeiro minuto e viu como o Valladolid Tierno Galván dominaba todas as facetas do xogo. A partir dos cinco minutos iniciais, o equipo lucense mellorou lixeiramente, acadando algo máis de posesión e xerando algunha chegada con perigo, pero o conxunto visitante seguiu marcando o ritmo e ampliou a vantaxe antes do descanso ata o 0-4.
Na segunda metade, os de Pablo Díaz apostaron polo porteiro xogador dende o inicio para tentar recurtar distancias. A proposta funcionou ben por momentos, co Ribeira chegando á área rival e obrigando ao Valladolid a defender en bloque baixo. Con todo, o gol non chegou e, tras o 0-5, o equipo acusou o desgaste e baixou o ritmo. Os minutos finais foron de control total para o conxunto castelán, que selou o 0-6 definitivo nun partido no que foi claramente superior.
Clave do partido
O rival estivo moito máis enchufado e soubo dominar todas as fases do xogo, mentres o Ribeira non conseguiu atopar sensacións nin acerto.
Frase de Pablo Díaz:
“Estivemos superados en todas as fases do xogo contra un equipazo.”
Próximo rival
Os pupilos de Pablo Díaz viaxarán a Ordes na vindeira xornada para medirse ao Jogafan Ordes, último clasificado . O Ribeira buscará reaccionar e reencontrarse co gol ante un rival directo na parte baixa da táboa.