Cadete Masculino | Línea21 36 – Millavén CP Lucense 39
Alineación: Martín, Brayan (13), André (13), David (7), Rodrigo (4), Óscar (2), Nuno, Andrés, Dani, Breixo e Aryan.
Árbitro: Daniel González.
O Millavén CP Lucense Cadete Masculino regresou de forma brillante de súa primeira saída da tempada, traendo para Lugo os dous puntos en xogo tras superar a un combativo Línea21, que puxo as cousas moi complicadas ata o final.
O conxunto lucense comezou o encontro mandando no marcador, con vantaxes de ata tres goles, pero o equipo local reaccionou con forza, conseguindo igualar o encontro antes do descanso, ao que se chegou cun axustado 16-16.
Tras o paso polos vestiarios, o Millavén volveu á pista decidido a levar o triunfo. Con máis intensidade defensiva e acerto ofensivo, conseguiu abrir unha fenda de catro goles, que soubo administrar con madurez e bo xogo ata o final, para deixar o marcador no definitivo 36-39.
Destacaron especialmente Brayan e André, ambos con 13 goles, auténticos referentes ofensivos do equipo, acompañados polo gran traballo de David (7) e o esforzo colectivo de todo o grupo.