Os lucenses compiten con orgullo ante O Parrulo, un dos grandes da categoría
Cadete Preferente Masculina
O Parrulo vs. Ribeira FS Carpintería JDR
Resultado ao descanso: 3-0
Resultado final: 9-1
Alineación: Juan, Samuel, Mario, Pablo, Bruno.
Banquillo: Josito, Erik, Arrojo, Nacho, Iago F.
Gol: Mario.
Destacados da xornada:
Destacado esforzo de todos ante un grandísimo rival.
Resumo do partido:
O Ribeira FS Carpintería JDR viuse superado dende o saque inicial pola alta intensidade e presión dun rival de enorme nivel como O Parrulo. Os ferroláns souberon aproveitar as ocasións xeradas nos primeiros minutos para abrir fenda no marcador, establecendo un 3-0 ao descanso nunha primeira parte complicada para os lucenses, que pese ás dificultades tamén gozaron dalgunhas ocasións para reducir diferenzas.
Tras o paso polos vestiarios, o Ribeira deu un paso adiante, subiu liñas e logrou recortar distancias aproveitando unha saída do porteiro rival, cun gol de Mario que premiaba o esforzo do equipo. A partir dese momento, O Parrulo volveu impoñer o seu ritmo e controlou a segunda metade de principio a fin, reflectindo a súa superioridade no marcador ata o 9-1 final, excesivo para o traballo realizado polos de Iago.
Clave do partido:
A intensidade e a presión constante do rival condenaron a un Ribeira que non atopou continuidade no seu xogo.
Frase de Iago :
«Mal partido xeral do equipo que nos serve para aprender»
Próximo enfrentamento:
O Ribeira comezará o novo ano cun derbi local fronte á Piringalla, un partido sempre especial no que será un dos dous derbis da xornada.