Connect with us

Fútbol Sala

Un Ribeira cadete sen medo conquista Castro e métese de cheo na loita polo liderado

As de Cabanas resistiron, axustaron atrás e asinaron unha remontada de enorme valor na pista da líder.

Cadete Preferente Feminina
FSF Castro vs Ribeira FS 11teamsports
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 2-4

Aliñación : Saínza, Antía, Alma, María Granero, Nerea
Banquiño : Xenia, Uxue, Shaila, Sara López

Goleadoras: Antía, Shaila (3)
Destacadas da xornada: 1 Shaila, 2 María Granero, 3 Antía

Resumo do partido:
O partido comezou cun Ribeira valente, que se adiantou no marcador aos catro minutos de xogo e soubo competir con orde e intensidade ante un rival de máximo nivel. O encontro mantívose moi igualado ata que o FSF Castro apostou pola porteira-xogadora, unha situación que lle permitiu darlle a volta ao marcador en apenas dous minutos e chegar ao descanso con vantaxe de 2-1. Na segunda metade, as de Cabanas saíron decididas a ir polo partido e axiña acadaron o empate. Co paso dos minutos, as capitalinas foron collendo o pulso ao xogo de 5 para 4 das da Terra Chá, axustando a defensa con intelixencia e seguridade. Esa mellora atrás foi clave para culminar a remontada co 2-3 e o definitivo 2-4, nun final no que o Ribeira amosou carácter e madurez competitiva. Con este triunfo, o conxunto de Cabanas gaña o average particular e colócase a só tres puntos do liderado, a falta de catro xornadas para o remate da liga regular.

Clave do partido:
A defensa foi a base de todo. O axuste ao xogo de porteira-xogadora rival, a solidariedade nas axudas e a capacidade para manter a concentración nos momentos clave permitiron ao Ribeira controlar o partido e construír a remontada dende atrás.

Lesión: Alma

Frase de Cabanas: “Seguimos traballando con humildade e compromiso, sabendo que este é o camiño.”

Próximo enfrontamento: O Ribeira afrontará a seguinte xornada ante o Narón Freixo, coa confianza reforzada tras unha vitoria de enorme peso na loita polos postos altos.

Advertisement