Connect with us

Fútbol Sala

Un pequeno detalle decidiu o partido do Ribeira B infantil no Municipal

Compañía de María levou os puntos nun partido de dominio sen premio para o Ribeira

Preferente Infantil Feminina – Gr. 1D
Ribeira 11Teamsports B vs Compañía de María

Resultado ao descanso: 0-0
Resultado final: 0-1Alineación: Cira, Nerea, Lola, Alba, Andrea
Banquiño: Daniella, Candela, Daniela Quijada, Elena
Destacadas da xornada: Cira, Andrea, Elena Álvarez

Resumo do partido:
O encontro comezou cunha boa proposta de xogo por parte de ambos conxuntos, cun Ribeira 11Teamsports B serio, concentrado e levando a iniciativa. As locais foron quen de xerar as ocasións máis claras nos primeiros compases, afogando ás herculinas na súa propia área e deixando ao rival sen balón durante moitos minutos. Foron dez minutos de claro dominio, pero sen acerto na finalización. A Compañía resistiu esa primeira embestida e, pouco a pouco, foi gañando confianza ao ver que o marcador non se movía. Esa situación xerou frustración nas lucenses, que non souberon xestionar o momento nin recuperar o control do xogo antes do descanso. Na segunda metade mantívose a posesión para as locais, pero sen fluidez nin claridade, nun dos tramos máis grises da tempada. Ambos equipos baleiráronse ata o final e traballaron con esforzo colectivo. Cando todo apuntaba a un empate sen goles, a dous minutos do final chegou o tanto visitante, que decidiu un partido marcado pola falta de acerto ofensivo.

Clave do partido: O acerto na finalización.

Frase de Luna:
“A pesar de non sumar hoxe, este é o camiño e temos que analizar e aprender como afrontar escenarios como o de hoxe. Temos unhas xogadorazas e esta derrota non emborrona o traballo feito.”

Próximo enfrontamento: O Ribeira 11Teamsports B afrontará a vindeira xornada ante Meigallos, nun partido no que buscará recuperar sensacións e volver sumar.

Advertisement