Connect with us

Fútbol Sala

Un mal arranque da segunda parte, deixa sen opcions ao Lugo Sala xuvenil

Un encontro no que os lucenses non souberon aproveitar as súas ocasións e pagaron caros os erros.

Xuvenil División de Honor
CD Inter Sala – Lugo Sala Acasti Reformas

Resultado ao descanso: 2-0
Resultado final: 10-1

Alineación: Vila, Rión, Iago N., Yagolin, Sanfiz

Banquillo: Álex, Braisete, Aitor, Rodrigo, Dela

Goleadores: Propia porta

Destacados da xornada: 1- Rión 2-Iago N. 3-Braisete

Resumo do partido:
O Lugo Sala comezou a primeira parte sendo moi disciplinado defensivamente e mantendo o xogo ordenado. Aínda que o equipo estivo competitivo e xerou varias ocasións claras, dous erros puntuais -unha falta que deu lugar ao primeiro gol e un fallo na saída de balón- deixaron ao rival cun 2-0 ao descanso. Nos últimos minutos da primeira parte, os lucenses melloraron e lograron crear 3-4 ocasións claras, pero sen conseguir materializalas. A segunda metade arrincou cunha dinámica semellante, cun Lugo Sala que creaba pero non era efectivo nas súas finalizacións. Con todo, o rival non perdoou e, na súa primeira ocasión, anotou o terceiro gol cunha gran xogada individual. A partir de aí, os locais asentáronse no xogo e os erros do Lugo Sala fóronse sucedendo, o que levou a unha goleada final de 10-1.

Clave do partido: Non anotar cando o equipo tivo varias ocasións claras ao final da primeira parte e ao inicio da segunda.

Frase de Christian:
«Partido que tiene que servir de aprendizaje con el objetivo de afrontar la segunda vuelta de la mejor manera posible.»

Próximo enfrontamento:
Os rapaces de Christian reciben ao FS Salamanca, nun partido moi importante, no que os lucenses intentarán levar a vitoria para manterse preto da léa pola salvación.

Advertisement