Connect with us

Fútbol Sala

Un Lugo Sala cadete eficaz, resolve o partido tralo descanso

Os lucenses aproveitan mellor as súas ocasións na segunda metade para sumar unha vitoria importante fóra da casa.

Cadete Preferente Masculina
DvLagoSport vs Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 0-0
Resultado final: 2-4

Alineación:Álvaro, Pepe, Mateo, Gabriel, Antón
Banquiño: Enzo, Alan, Pablo, Xoel

Goleadores:
Pepe, Mateo, propia portería, Gabriel

Destacados da xornada:
Pablo, Antón, Gabriel

Resumo do partido:
O partido comezou cun Lugo Sala moi ben situado na pista, asumindo a iniciativa do xogo fronte a un LagoSport que optou por esperar en media pista. Os visitantes moveron o balón con criterio, tiveron maior posesión e xeraron varias situacións de perigo, pero faltou precisión no último pase e, sobre todo, máis contundencia na finalización para transformar ese dominio en goles. O conxunto local defendeuse con orde e tentou facer dano en transicións rápidas, aínda que sen excesivo perigo, polo que o encontro chegou ao descanso cun empate sen goles que non reflectía de todo o control dos lucenses.
Na segunda metade o ritmo do partido mantívose alto, pero os locais non estiveron tan cómodos a nivel de xogo como na primeira parte. Aínda así, conseguiron ser máis eficaces de cara a portería e lograron poñerse por diante no marcador. Co paso dos minutos, os roubos do LagoSport en defensa alta provocaron varias accións de perigo e permitiron ao equipo local anotar, mantendo o encontro aberto. Nese contexto de intercambio de golpes, o Lugo Sala soubo aproveitar mellor as súas ocasións e mostrou acerto nos momentos decisivos para acabar levando a vitoria por 2-4 nun partido moi disputado e esixente.

Clave do partido: A finalización foi determinánte

Próximo enfrentamento:
O Lugo Sala recibirá en Lugo ao Troula Betanzos, segundo clasificado, nun encontro esixente no que os lucenses, quintos na táboa e a sete puntos do rival, buscarán sumar para achegarse á zona alta.

Advertisement