Connect with us

Fútbol Sala

Un gran primeiro tempo non chegou para puntuar en Valladolid

O Lugo Sala volveu competir fóra, pero pagou caro o inicio da segunda metade.

Xuvenil División de Honor
Valladolid Tierno Galván – Lugo Sala Acasti Reformas

Resultado ao descanso: 1-2
Resultado final: 5-3
Alineación: Vila, Rión, Iago N., Yagolin, Sanfiz
Banquillo: Aitor, Braisete, Dela, Seo
Goleadores: Dela x2, Iago N.
Destacados da xornada: 1 Dela 2 Rión 3 Iago N.

Resumo do partido:
O encontro comezou cun Valladolid Tierno Galván máis intenso, que logrou adiantarse cedo no marcador tras unha transición rápida. Lonxe de verse superado, o Lugo Sala mantivo a calma, medrou co paso dos minutos e foi capaz de competir de ti a ti, dándolle a volta ao marcador cun gol a balón parado e outro nunha transición ben executada. Con ese 1-2 favorable aos lucenses chegouse ao descanso, deixando boas sensacións. A segunda parte, porén, arrancou do peor xeito posible, con dous goles consecutivos do conxunto local tras erros que puxeron o 3-2. O equipo de Christian volveu reaccionar e tentou igualar o choque, pero sen acerto nas áreas. Nunha acción illada, o Valladolid ampliou diferenzas co 4-2. Co porteiro-xogador, na primeira acción chegou un roubo e un gol de campo a campo que practicamente sentenciou o partido. Xa nos últimos segundos, Lugo Sala recurtou distancias para deixar o definitivo 5-3.

Clave do partido: O mal inicio da segunda parte condicionou un encontro moi igualado.

Frase de Christian:
«Partido bueno en general del equipo, pero en el inicio de la segunda parte el rival aprovechó nuestros errores e hizo muy difícil puntuar.»

Próximo enfrontamento:
O Lugo Sala regresará á casa para recibir ao Ordes, nun partido marcado pola necesidade de sumar e pola busqueda dunha vitoria que premie o traballo do equipo.

Advertisement