Connect with us

HOCKEY

Último arreón do Meigas antes dos Play-off

partido exixente para o CHL Meigas ante Lóstregos
Partido 1: Lóstregos vs CHL Meigas

Categoría: Infantil
Partido: Lóstregos vs CHL Meigas
Resultado: 4-0
Descanso: 3-0

Aliñación:
Uxía Vázquez (P) – Paula Serén – Rodrigo Veiga – Juan Castedo – Hugo Álvarez

Banco:
Álvaro López – Aser Lage – Xoel Cayón
Porteros: Mateo Villaverde (P)

Goleadores:
Sen goleadores

Expulsiones / Penalizaciones:
Uxía Vázquez – 1 falta
Paula Serén – 1 falta

Resumo:
Partido moi físico e esixente ante un rival que levou o encontro a un ritmo alto dende o inicio. O CHL Meigas acusou a ausencia dunha das súas referencias ofensivas, Rafa, e custoulles atopar continuidade en ataque, especialmente na primeira parte. Aínda así, o equipo competiu, sostivo moitos tramos do partido e deixou a sensación de que aínda ten marxe para medrar de cara a todo o que vén. Un encontro duro, pero útil para preparar os play-offs.

Xogador destacado / MVP:
Mateo Villaverde

Frase do adestrador:
«Partido moi físico e esixente, no que echamos de menos a unha das nosas puntas de lanza, que é Rafa, pero aínda temos os play-offs por diante.»

Próximo rival:
Club Hockey Isla Pancha


O CHL Meigas despide a liga regular con goleada

Partido 2: CHL Meigas vs Club Hockey Isla Pancha

Categoría: Infantil
Partido: CHL Meigas vs Club Hockey Isla Pancha
Resultado: 8-1
Descanso: 8-0

Aliñación:
Mateo Villaverde (P) – Paula Serén – Hugo Álvarez – Juan Castedo – Rodrigo Veiga

Banco:
Álvaro López – Aser Lage – Xoel Cayón
Porteros: Uxía Vázquez (P)

Goleadores:
Paula Serén (3) · Hugo Álvarez (2) · Juan Castedo (2) · Rodrigo Veiga (1)

Expulsiones / Penalizaciones:
Sen penalizacións

Resumo:
CHL Meigas asinou un partido moi completo para pechar a liga regular, cunha primeira parte de moito ritmo, acerto e dominio que deixou o encontro practicamente resolto antes do descanso (8-0). O equipo soubo xerar perigo con continuidade, atacar con criterio e aproveitar moi ben as súas ocasións. Na segunda metade o ritmo baixou, algo lóxico polo resultado, e o rival conseguiu marcar, pero o control do partido seguiu sendo local. Bo peche de fase regular para chegar ao tramo decisivo con boas sensacións.

Xogador destacado / MVP:
Hugo Álvarez

Frase do adestrador:
«Último encontro da liga regular. Quédannos varias semanas ata os play-off, así que hai que seguir mantendo o ritmo e intentar chegar o máis frescos e fortes posibles.»

Próximo rival:
Chegan os Play-off

Patrocinio