Connect with us

Fútbol Sala

Triunfo do Lugo Sala Frain no derbi cadete Preferente feminino ante Burela

As capitalinas impuxéronse nun encontro igualado, decidido pola pegada e o esforzo colectivo.

Burela – Lugo Sala Frain
Cadete Preferente Feminina
Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 2-3

Aliñación: Nati, Andre, Ale, Nadia, Uxi
Banquiño: Alba, Cande, Marina, Leire
Goleadoras: Cande (2), Leire

Resumo:
O Lugo Sala Frain entrou ao derbi con intensidade, aínda que algo aturdido nos primeiros compases. O encontro estivo marcado polo equilibrio e pola presión constante de ambos equipos, que apenas deixaron espazos nin ocasións claras. As mariñás aproveitaron un erro defensivo para adiantarse, pero as de Luchi reaccionaron con carácter e foron quen de empatar antes do descanso.
Na segunda metade, o Lugo Sala mellorou en orde e confianza, gañando máis balóns divididos e xerando perigo en transición. A insistencia tivo premio grazas á pegada de Cande, autora de dous tantos decisivos, e ao gol de Leire, que completou unha remontada de moito mérito. O tramo final foi intenso e disputado, pero as capitalinas souberon manter a calma para sumar tres puntos importantes nun derbi de moita emoción.

Xogadoras destacadas: Ale, Leire e Cande

Clave do partido:
A falta de fluidez co balón, compensada cun gran traballo colectivo e unha enorme capacidade de reacción.

Frase da adestradora:
“Vamos aproveitar esta semana de descanso para atopar a fluidez e a calma con balón.”

Próximo enfrontamento:
Descanso na próxima xornada, antes de medirse, noutro emocionente derbi, ao Ribeira.

Advertisement