Connect with us

Fútbol Sala

Triunfo de carácter do Lugo Sala na Cadete Preferente Feminina ante Lago Sport

O Lugo Sala Recambios Frain logrou unha vitoria importante tras un final de infarto, mellorando na segunda parte e demostrando a súa forza colectiva.

Cadete Preferente Feminina
Lago Sport – Lugo Sala Frain
Resultado ao descanso: 2-3
Resultado final: 5-8

Alineación: Nati, Andre, Ale, Leire, Nadix
Banquiño: Alba, Uxí, Juanita, Marina

Goleadoras: Ale 2, Andre, Leire 2, Marina 3
Destacadas da xornada: Ale, Marina, Leire

Resumo do partido:
O Lugo Sala Frain comezou cunha gran intensidade, xerando varias ocasións nos primeiros minutos do encontro e abrindo o marcador. A pesar de xogar ben, un par de erros defensivos permitiron ao Lago Sport recortar distancias. A primeira parte foi moi igualada, aínda que as xogadoras lucenses tiveron máis e mellores ocasións.
Na segunda metade, o equipo mellorou a súa defensa e corrixiu algúns erros, pero as rapazas das Pontes de arcía Rodríguez non deron tregua e conseguiron igualar o marcador a 4. Foi nese momento cando as xogadoras de Luchi apostaron polo xogo de 5, e cunha xogada ben executada, conseguiron poñerse por diante no marcador. Nos últimos minutos, tras roubar o en varias ocasións, os contraataques remataron en dous goles máis que deixaron o marcador en 5-8 a favor do Lugo Sala.

Clave do partido: O traballo colectivo, en especial a reacción ante a igualada e a eficacia nos contraataques.

Frase da entrenadora, Luchi: «Hoxe gañamos un pouco máis de confianza no xogo e defensa de 5.»

Próximo rival: FormaT Vilalba.
O Lugo Sala Frain prepárase agora para un dos partidos máis esperados da tempada, o derbi provincial contra FormaT Vilalba.

Advertisement