Vitoria fundamental para manter as opcións de permanencia vivas
Alevín Preferente Masculina
Casás – Unidade Fene
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 5-3
Alineación: Eloi, Raúl, Pablo Arias, Romay, Dani
Banquiño: Alex, Andrea, Nico, Martín, Enzo
Goleadores: Martín (3), Alex (1), Raúl (1)
Destacados da xornada: Raúl, Martín, Pablo
Resumo do partido:
O Casás iniciou o encontro cunha gran intensidade, adiantándose cedo no minuto 3 grazas a un gol de Raúl. O equipo mantivo o control durante boa parte da primeira metade, xerando varias ocasións e demostrando boa solidez defensiva. Antes do descanso, o equipo ampliou a vantaxe, pero o Unidade Fene conseguiu recortar distancias no marcador e o partido quedou aberto cun 2-1 ao intermedio. Na segunda metade, Casás non perdeu o control, e Martín ampliou a vantaxe facendo o 3-1 ao pouco de comezar . Os ferroláns responderon, co 3-2, pero os pequenos de Frei volveron facer dous novos goles, de Martín, e outro de Dani . A pesar de que Fene marcou de novo, xa non quedaba tempo para moito máis, e o resultado final foi de 5-3, nun encontro intenso e moi disputado. Esta vitoria é crucial para o Casás, que os deixa con opcións de salvación.
Clave do partido: A actitude de todo o equipo foi encomiable.
Frase de Frei: “O equipo mostrou carácter e saber xogar estes partidos tan competidos. Seguimos medrando como grupo.”
Próximo enfrentamento: O Casás mediráse ao Ribeira, nun derbi que promete moita emoción e no que ambos equipos loitarán por sumar puntos clave para as súas opcións de permanencia.