Un gol de Sara no treito final decide un partido moi igualado
Alevín Preferente Feminina
Ventorrillo vs Lugo Sala Dental Arias
Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 1-2
Alineación: India, Noa, Cata, Abby, Naila
Banquillo: Cande, Sara, Judith
Goleadoras: Cata, Sara
Destacadas da xornada: Cata, Noa, Abby
O encontro comezou moi equilibrado, cun Ventorrillo intenso que dificultou a saída de balón do Lugo Sala Dental Arias nos primeiros compases. As xogadoras de Luchi tiveron que axustar varios aspectos para comezar a facer dano con posesións máis claras. Nunha acción máis de loita que de elaboración chegou o primeiro tanto visitante, obra de Cata. Cando parecía que o Lugo Sala chegaba ao descanso por diante, o equipo local logrou empatar nos últimos instantes da primeira metade. Na segunda parte mantívose a igualdade, aínda que o Lugo Sala foi medrando a nivel táctico e gañando orde defensiva. Ambos equipos tiveron ocasións sen demasiado perigo ata que, xa preto do final, unha carreira de máis de vinte metros de Sara rematou co gol da vitoria, o primeiro da xogadora esta tempada e decisivo para sumar tres puntos moi traballados.
Clave do partido: A solidez defensiva do equipo nos momentos decisivos.
Frase de Luchi: “Non saíu todo o ben que debería pero o son 3 puntos que saben a gloria”
Próximo enfrentamento: O Lugo Sala Dental Arias xogará a próxima xornada como local, recibindo ao Burela FS nun novo e esixente derbi provincial.