Gran traballo colectivo e catro goles de Diéguez para pechar a liga cunha vitoria que reflicte o traballo feito ao longo da tempada.
Preferente Xuvenil
Composala 3 – 6 Casás
Resultado ao descanso: 2-2
Resultado final: 3-6
Aliñación: Jandro, Diéguez, Samu, Fente, Bruno
Banco: Rodri, Jorge, Pablo, Paul
Goleadores: Samu, Diéguez (x4), Pablo
Destacados da xornada: Todo o equipo, con especial mención aos 4 goles de Diéguez
O partido comezou cun Casás que entrou ben no xogo, adiántandose rapidamente no marcador grazas a un bo xogo combinativo. Con todo, dous erros defensivos permitiron aos santiagueses igualar antes do descanso, deixando o marcador en 2-2 ao intermedio. A pesar do empate, as sensacións foron boas, os pupilos de Ángel sairon na segunda metade cun claro obxectivo: facerse co control do partido. Aínda que Composala se adiantou ao principio, os visitantes non perderon a súa idea de xogo e, a base de traballo e insistencia, conseguiron remontar. Unha gran actuación colectiva, acompañada dun espectacular partido de Diéguez, que anotou catro goles, levou a Casás a un convincente 3-6 final. Con esta vitoria, os xogadores lucenses pechan unha gran tempada e remata no cuarto posto, un logro de moito mérito.
Clave do partido:
A perseveranza e a capacidade de remontar, mantendo a idea de xogo durante todo o partido.
Frase de Ángel:
«Gran trabajo y gran victoria para cerrar esta gran temporada.»
Remata a tempada:
Con este gran final de tempada, Casás pecha un ano no que, a pesar das dificultades, conseguiu un cuarto posto de moito mérito.