
No pavillón municipal de Lugo, o RIBEIRA F.S. SIBUSCASCOCHE logrou unha importante vitoria por 4-3 fronte ao Redondela F.S. no marco da División de Honra Xuvenil. Un partido moi competido que fixo vibrar aos presentes e que permite ao equipo sumar a súa terceira xornada consecutiva sen perder.
Resultado da primeira parte; 3-2
Resultado final; 4-3
Alineación do RIBEIRA F.S. SIBUSCASCOCHE:
Cristian (porteiro), Mateo, Saul, Xabi, Adrián.
Banquiño:
Jorge, Xabi Tubio, Danilo, Mounir.
Goles:
Adrián, Jorge, Xabi Tubio (2).
Primeira parte intensa
O encontro comezou cun Redondela F.S. máis enchufado, que facia unha presión moi alta, dificultando a saída de balón do conxunto local. Neste contexto, un erro na saída de balón permitiu que o equipo visitante se adiantase no marcador (0-1) cun disparo potente que Cristian non puido evitar.
A reacción do RIBEIRA non se fixo esperar, e, a partir de aí, o equipo mellorou en intensidade e control do partido. Primeiro, nun saque de esquina e despois cun gran disparo de Xabi Tubío, os locais deron a volta ao marcador (2-1) tamen por medio de Xabi Tubío. A alegría foi breve, pois no minuto seguinte, o Redondela F.S. igualaba de novo o encontro (2-2) tras unha boa xogada combinativa.
Nos últimos compases da primeira parte, cando todo parecía que ían chegar ao descanso co empate, Jorge, cunha xogada individual de moita calidade, roubou o balón no medio campo e achegouse á portería rival para anotar o 3-2 que fixo explotar a bancada local.
Segunda parte de tensión e emoción
A segunda metade iniciou cun RIBEIRA F.S. SIBUSCASCOCHE apostando por un xogo máis defensivo, buscando sorprender ao contragolpe. Pero, nun malentendido entre Saul e Cristian, o balón quedou morto na área e o Redondela non deixou pasar a oportunidade para igualar de novo o marcador (3-3).
Tras ese gol, custoulle recuperar a tranquilidade no xogo ao equipo local, e foron uns minutos difíciles nos que Cristian mantivo ao equipo vivo, cunhas paradas de moito mérito. O Ribeira f-s, sen embargo, soubo reaccionar, e, cando mediaba a segunda parte, empezaron a dominar o xogo de novo, creando dúas grandes ocasións: un disparo ao pau e outro ao largueiro tras un rechace.
Nos minutos finais, cando parecía que a fatiga comezaba a facer mella en ambos equipos, o equipo lucense conseguiu o gol definitivo. A falta de dous minutos, nunha gran contra, Adrián sacou petróleo dunha boa xogada colectiva para establecer o 4-3. O Redondela F.S. arriscou coa entrada de porteiro xogador, pero a defensa local estivo á altura, e Cristian volveu a responder con dúas intervencións clave para asegurar os tres puntos.
Os tres mellores do equipo:
– 3 puntos: Xabi Tubio
– 2 puntos: Cristian
– 1 punto: Adrián
Clave do partido:
O acerto de cara ao gol nos momentos clave e a impresionante actuación de Cristian, que mantivo ao equipo con vida durante os minutos máis complicados.
Frase do adestrador César:
«Gran esforzo dos rapaces que lograron sacar forzas cando o partido estaba en momentos complicados.»
Con este triunfo, o RIBEIRA F.S. SIBUSCASCOCHE amplía a súa racha a tres partidos sen perder e prepara xa o seu próximo compromiso como visitante ante o Valladolid Sport Sala na próxima xornada.

