Un gran esforzo do equipo non foi suficiente para conseguir levar os tres puntos, nun partido moi igualado. Un punto que os manten vivos a falta de duas xornadas.
División de Honra xuvenil
Lugo Sala Acasti Reformas – Valladolid Tierno Galván
Resultado ao descanso: 3-2
Resultado final: 3-3
Aliñación: Álex, Dorado, Javi, Mera, Sanfiz
Banco: Vila, Dela, Rión, Seo, Braisete, Yagolin, Iago N
Goleadores: Dela, Iago N. e Sanfiz
A primeira parte comezou cun gol rápido do Valladolid Tierno Galván tras aproveitar unha descoordinación defensiva, pero o Lugo Sala respondeu pronto cun empate nunha transición ben executada. Co paso dos primeiros minutos, os lucenses tomaron o control do xogo e conseguiron poñerse por diante cunha acción de ataque posicional de calidade. O rival logrou igualar nunha xogada colectiva tras non ser contundentes, os lucenses, preto da área, pero os de Christian mantivéronse concentrados e conseguiron de novo opoñerse por diante nunha nova acción de ataque posicional.
Na segunda metade, o partido mantívose moi igualado, coas defensas dominando sobre os ataques, e dificultando as finalizacións de ambos equipos. O Valladolid Tierno Galván apostou polo porteiro xogador nos últimos minutos e conseguiu empatar a falta de 30 segundos, impedindo que o Lugo Sala levase os tres puntos.
Clave do partido: Non conseguir separarnos de dous goles no marcador impediu asegurar a vitoria.
Frase de Christian:
«Gran esforzo do equipo que se quedou sin a recompensa dos tres puntos a falta de 30 segundos.»
Próximo enfrontamento:
Os de Christian viaxan a Ordes para enfrontarse ao Jogafan FS no penúltimo partido de liga, mentres que os seus rivais pola permanencia, o Carballiño e Stellae Leis , mediránse ao Valladolid Tierno Galván e Valladolid Sport Sala respectivamente.