
O RIBEIRA F.S. 11 Teamsports recibiu este sábado no Polideportivo Somos Fútbol de Lugo ao Forma-T Vilalba, nun vibrante duelo da Liga Cadete Feminina Preferente que rematou co empate final 2-2. O derbi provincial, cargado de emoción e oportunidades, foi moi igualado, cun alternancias constantes no xogo que mantiveron a tensión ata o pitido final do colexiado.
Desde o inicio, ambos os equipos saíron á cancha cun ritmo intenso. O Forma-T Vilalba, segundo clasificado, mostrou a súa solidez, pero o *RIBEIRA F.S.* non lle foi a menos, e tras varias chegadas ao área rival, foi Nerea Corral Meilán quen abriu a lata para as locais, marcando o primeiro gol no minuto 7. A alegría, sen embargo, non durou moito, xa que o equipo vilalbés empatou rapidamente, tamén na primeira parte, fixando o 1-1 que reflectía a igualdade no marcador cando o tempo chegaba ao descanso.
A segunda metade transcorreu de maneira similar á primeira, con ambos os conxuntos buscando o gol que os poñese por diante. Nerea, co seu segundo gol do partido, poñía por diante novamente ao RIBEIRA F.S., mais o Forma-T Vilalba non tardou en responder e igualou o marcador nunha xogada ben traballada. O conxunto local seguiu buscando a vitoria, pero o marcador non se moviu máis, rematando finalmente co empate a dous goles.
Aínda que non foi unha vitoria, o empate deixa un bo sabor de boca no equipo, que segue demostrando a súa competitividade. A clave do encontro foi a boa defensa do RIBEIRA F.S., que soubo xestionar as acometidas do rival e crear ocasións perigosas en ataque, aínda que faltou algo de contundencia na finalización.
Alineación do RIBEIRA F.S.:
Sainza Porto Carballes, María Granero Vázquez, Nerea Corral Meilán, Alma Díaz Fernández, Chloe Martínez Pujades.
Banquiño: Carla Vázquez Silva, Candela Vilarín Salvador, Antía Rodríguez Barral, Paula González Mouriz, Shaila Barreiro Vázquez, Jimena Vila Refojo.
Goles:
2 – Nerea Corral Meilán.
Os tres mellores do RIBEIRA F.S.:
– 3 puntos: Nerea Corral Meilán
– 2 puntos: María Granero Vázquez
– 1 punto: Sainza Porto Carballes
Clave do partido:
A boa defensa e a capacidade de xerar xogadas de ataque foron as claves para manter a igualdade ante un rival de gran nivel.
Frase do adestrador Antía Corral:
«Ainda que o empate non foi o resultado que queriamos, a entrega das miñas xogadoras foi exemplar e demostraron o seu nivel ante un equipo moi forte. Seguimos mellorando e centradas en rematar a liga cun bo sabor de boca.»
Próxima xornada:
O RIBEIRA F.S. viaxa a Ás Pontes de García Rodríguez para medirse co ICOEUME Lago Spor, en partido clave para decidir se quedarán no cuarto ou quinto posto da clasificación, xa que ambos equipos están empatados a 24 puntos. Ademais, o RIBEIRA F.S. terá outra oportunidade de superar ao ICOEUME, cando xoguan o partido aprazado contra Pescados Rubén Burela F.S. o 23 de febreiro, tras a finalización da liga.

