As capitalinas souberon reaccionar con carácter e constancia para levantar un 0–2 ao descanso e sumar un valioso punto ante Os Meigallos.
Casás – Os Meigallos
Infantil Preferente Feminina grupo A2
Resultado ao descanso: 0–2
Resultado final: 3–3
Aliñación: Cintia, Daniela, Carla, Sarai, Noa López
Banquiño: Alicia, Nerea, Ildara, Uxía, Marta, Ximena
Goleadoras: Sarai, Carla e Noa
Resumo primeira parte:
O Casás entrou no partido con bastantes nervios, que foi deixando atrás a medida que avanzaban os minutos. As xogadoras de Juan Carlos xeraron boas ocasións, aínda que non foron quen de materializalas, pero amosaron gran nivel nas conexións coas pivotes e nas combinacións ofensivas.
Resumo segunda parte:
Tras axustar detalles no descanso, o equipo soltouse e mostrou a súa mellor versión. Con pases rápidos e boas conexións entre liñas, o Casás logrou empatar o encontro e mantivo a intensidade ata o final, incluso dispoñendo dalgunha ocasión clara para acadar a vitoria.
Xogadoras destacadas: Facer mención a o esforzo de todo o equipo, por este gran partido
Clave do partido:
A constancia e o poder de sacrificio dun grupo que non se rende nunca.
Frase do adestrador, Juan Carlos:
“O traballo da semana hoxe plasmárono xenial, con actitudes e aptitudes moi, moi boas. Hai que seguir nesta liña.”
Próximo enfrontamento:
Burela, o favorito da categoría. Será outro derbi provincial, no que o Casás viaxará á Mariña con ganas de seguir medrando.