Connect with us

Fútbol Sala

Taboas en Miño para Lugo Sala na Preferente alevín masculina

A primeira parte foi moi igualada. Ambos os conxuntos estiveron ben organizados en defensa, pero foron as estratexias as que marcaron as diferenzas. Nuno foi quen de poñer en perigo a meta rival, conseguindo marcar o primeiro gol para o Lugo Sala. Pouco despois, o Troula Betanzos reaccionou tamén con un gol derivado dunha xogada estratéxica, igualando o marcador a 1-1 antes do descanso.

Xa na segunda parte, o Lugo Sala mellorou a súa circulación de balón e xerou maior perigo na área rival. Tras varios intentos, conseguieron poñerse por diante grazas a un gol novamente de Nuno, que foi clave no desenvolvemento do encontro. Con todo, o Troula Betanzos non se deu por vencido e, a falta de un minuto para a finalización do tempo regulamentario, recurriron ao porteiro xogador. Esta estratexia resultou efectiva, logrando o empate 2-2, que finalmente sería o resultado definitivo.

Clave do partido

A igualdade entre os dous equipos foi a clave. Ningún dos dous puido marcar diferenzas claras, e ambas as escuadras souberon aproveitar as súas oportunidades de estratexia para conseguir os goles.

Os tres mellores xogadores do partido (Lugo Sala Acasti Reformas)

– 3 puntos: Rafa 

– 2 puntos: Miguel 

– 1 punto: Nuno 

Alineación do Lugo Sala Acasti Reformas 

Marco,  Anton Quiroga,  Mateo,  Rafa,  Nuno

Banquiño: Nico,  Pedro,  Miguel,  Antón Otero,  Dani 

Goles 

Nuno (2 goles)

Frase do adestrador Álvaro 

«Foi un partido moi equilibrado no que demostramos carácter e soubemos manter a calma nos momentos chave. Aínda que nos empataron no último minuto, o empate fora de casa é un bo resultado que nos dá confianza para o próximo partido.»

Agora, o Lugo Sala Acasti Reformas centrarase no seu próximo reto a domicilio contra O Parrulo de Ferrol, un equipo que ocupa a parte media alta da clasificación e que tamén promete ser un rival complicado.

Patrocinio