Infantil Masculino
BM Narón 24 – Millavén CP Lucense 24
Millavén CP Lucense 24 (15+9): Martín e Rayan; Óscar (10), Nuno, Leo, Andrés, Breixo (4), Víctor, Aryan (3), Dylan, David, Hugo F., Hugo L., Ernesto (9) e Nico.
Árbitro: Daniel González.
O conxunto Infantil Masculino do Millavén CP Lucense rozou a vitoria no seu desprazamento ao Pavillón das Lagoas, nun encontro moi completo por parte dos lucenses, que só quedaron a un paso de sumar os dous puntos tras un final igualadísimo.
O Millavén entrou no partido cun gran nivel ofensivo e moita claridade nas transicións, o que lle permitiu abrir rapidamente unha fenda no marcador. O dominio visitante traduciuse nun 15-10 ao descanso, cun equipo sólido, inspirado no ataque e con continuidade no xogo.
Na segunda parte, o BM Narón elevou o ritmo e aproveitou os momentos de menor consistencia defensiva do Millavén para ir recurtando diferenzas. A presión local acabou por equilibrar o encontro ata darlle ao Narón unha mínima vantaxe nun tramo final cheo de emoción.
Aínda así, o Millavén mantivo a calma e chegou a dispoñer do último balón para levar o triunfo, pero o lanzamento final non atopou portería e o choque pechouse cun 24-24 que deixa un sabor agridulce, mais tamén a certeza de que o equipo continúa a competir a gran nivel.
Un punto que reforza o traballo e o esforzo dos lucenses, que volveron demostrar carácter e capacidade para xogar como bloque en momentos decisivos.