
O Ribeira F.S. Manto Maquinaria segue imparable na súa andaina na Alevín Preferente Masculina. O equipo de César prolonga a súa racha perfecta e continúa sen conceder nin un só punto nesta tempada, cunha media de máis de 6 goles a favor por partido e apenas un en contra. Este sábado, no Pavillón Municipal de Lugo, recibiron ao Alto do Vento F.S. nun choque intenso e cheo de emoción que rematou cun 4-2 a favor dos locais.
Resultado oa descanso; 1 – 1
Resultado final; 4 – 2
ALINEACIÓN RIBEIRA F.S. MANTO MAQUINARIA
1. Iker (Portero) | 2. Bruno Trashorras | 3. Alex Muñoz | 4. Adriano | 5. Santi
BANQUIÑO:
6. Bruno (Portero) | 7. Leo Doval | 8. Pablo Rodríguez | 9. Roi Cancela | 10. Iker Cobas
Goles: Roi Cancela (2), Bruno Trashorras, Adriano
Primeira Parte
O encontro comezou cun ritmo moi intenso. O equipo visitante saíu mellor e presionou alto, o que obrigou aos locais a cometer varios erros na saída de balón. Foi un deses fallos o que permitiu ao conxunto visitante adiantarse no marcador cunha boa xogada a contra, situando o 0-1 no minuto 7. Con todo, o gol en contra serviu de punto de inflexión para os lucenses, que comezaron a apretar máis e a mellorar a súa intensidade no xogo. Tras unha boa recuperación de balón de Adriano, este cedía a Roi Cancela, quen non perdonou e anotou o 1-1 co que se chegou ao descanso.
Segunda Parte
Na reanudación, o Ribeira F.S. Manto Maquinaria saíu ao campo cunha intensidade espectacular. Os rapaces mostraron unha gran capacidade para recuperar o balón e, grazas a un par de contras perfectas, logrouse adiantar 3-1 no marcador aos 8 minutos da segunda metade, con goles de Roi e Bruno Trashorras. Con eses goles, o equipo local non baixou a súa intensidade, senón que seguiu presionando e controlando o ritmo do partido. Unha gran xogada individual de Adriano, que acabou con penalti cometido sobre él mesmo, permitiu que o propio Adriano transformase o 4-1 e deixase practicamente sentenciado o encontro. Só, un pequeno erro a falta de tres minutos deu a oportunidade ao Alto do Vento F.S. para reducir a vantaxe e establecer o 4-2. Sen embargo, o equipo visitante xa non tivo tempo para máis e o locais aseguraron a súa vitoria.
Os Tres Mellores:
– 3 PUNTOS: Leo Doval
– 2 PUNTOS: Roi Cancela
– 1 PUNTO: Alex Muñoz
Claves do Partido:
O gran inicio da segunda metade, no que o Ribeira F.S. Manto Maquinaria mostrou a súa mellor versión, foi determinante para levarse os tres puntos.
Frase do Adestrador, César:
«Gran partido dos dous equipos, con unha parte para cada un, só que nós acertamos máis de cara ao gol na segunda metade.»
Na próxima xornada, o Ribeira F.S. Manto Maquinaria viaxa ata A Coruña para medirse ao 5 Coruña F.S.. Un novo reto que promete moita emoción para seguir co paso firme que os caracteriza nesta tempada.

