Os lucenses dominaron de principio a fin e recuperan sensacións antes do derbi da vindeira semana
Ribeira Carpintería J.D.R. – Caranza FS
Resultado ao descanso: 3-0
Resultado final: 5-1
Aliñación : Erik, Samu, Mario, Josito, Iago V
Banquiño : Nacho, Álvarez, Aaron, Bruno, Juan
Goleadores: Iago V 1, Mario 2, Bruno 1, Josito 1
Resumo do partido:
O encontro comezou con moita intensidade e cun Ribeira moi metido no xogo, apostando por unha defensa alta que complicou moito a saída de balón do Caranza. Tras uns primeiros minutos de tanteo, Mario abriu o marcador no minuto 7 cun gran disparo. O Ribeira seguiu dominando e xerando perigo, mentres ambos equipos gozaban de ocasións. Nos minutos finais da primeira metade, Josito e Iago V ampliaron a vantaxe ata o 3-0 co que se chegou ao descanso.
Na reanudación, o Caranza apostou polo porteiro xogador dende o inicio e recurtou distancias aos catro minutos (3-1). A reacción dos de Iago non se fixo esperar, apenas tres minutos despois, Mario recuperou un balón e marcou de campo a campo o 4-1. O reloxo avanzaba e os ferroláns mantiveron o xogo de cinco, pero os lugueses, sólidos atrás, responderon cunha boa transición que Bruno culminou establecendo o 5-1 definitivo. A orde defensiva e a concentración foron claves para manter o control ata o final dun partido moi serio dos locais.
Clave do partido:
A boa organización defensiva fronte ao porteiro xogador foi determinante para manter e ampliar a vantaxe no marcador.
Destacados da xornada:
- Mario
- Iago V
- Juan
Frase de Iago Baamonde:
«3 puntos claves para volver á senda da victoria tras 3 xornadas sen gañar e xa co foco posto no derbi da vindeira semana.»
Próximo rival:
Derbi lucense contra Casás, un encontro marcado pola rivalidade e a igualdade entre dous equipos que se coñecen á perfección. O Ribeira chega con boas sensacións tras a vitoria ante o Caranza e buscará manter a dinámica positiva ante un rival sempre competitivo.