O Ribeira logrou un traballado triunfo ante o Compañía de María nunha xornada marcada pola tensión e a dificultade das condicións do partido.
Preferente Infantil Feminina
Compañía de María – Ribeira FS 11teamsports A
Resultado ao descanso: 0-1
Resultado final: 0-1
Aliñación: Leire, Shaila, Irene, Alba, Aurora, Carmen, Sara, Tania, Laura, Helena
Goleadora: Shaila 0-1
Destacadas da xornada: Shaila, Alba, Leire
Resumo do partido:
O encontro arrancou cun ritmo intenso, no que ambos equipos sabían que a vitoria selaría o primeiro posto. O Ribeira, centrado e adaptado ás malas condicións da pista e ao arbitraxe, foi claramente superior ao seu rival, gozando das mellores ocasións. Sen embargo, a falta de acerto na finalización deixou o marcador aberto. Durante boa parte do primeiro tempo, o Ribeira afogou ás locais na súa área, pero as herculinas lograron sobrevivir á embestida e recurriron a xogadas duras, incluíndo empurróns contra as xogadoras visitantes. A pesar da dureza do encontro, o Ribeira xestionou ben a frustración e mantivo a calma. Na segunda parte, o dominio das lucenses continuou, aínda que o mal arbitraxe e os insultos desde a grada afectaron á concentración do equipo. Leire, unha vez máis, estivo impecable na portaría, evitando que Compañía de María chegase ao gol. As rapazas de Luna foron moi superiores, pero o marcador quedou curto para o xogo mostrado, deixando xa casi selada a primeira praza, agardando que só o Ribeira B poida arrebatarlle ese posto.
Clave do partido: A xestión emocional ante as adversidades
Frase de Luna:
“Vergoña ter que escoitar insultos todo o partido, codazos e unha clara intención arbitral que dende logo permitiu agresións todo o encontro. As miñas xogadoras demostraron a calidade do grupo pero sobretodo os valores da educación.”
Próximo enfrontamento:
Derbi capitalino contra o Casás, un duelo que promete moita intensidade.