
O Ribeira F.S. Sibuscascoche sumou a súa segunda vitoria consecutiva, algo que non lograran en toda a tempada, e saíron do fondo da clasificación da División de Honra Xuvenil. O conxunto dirixido por César impúxose por 5-2 ao CD Tres Columnas Salamanca ,a o que xa lle gañaran no primeiro partido de liga, un equipo que, como os ribeirenses, loita por evitar os postos de descenso.
A pesar de que a clasificación dicía que o Ribeira F.S. chegaba como farolillo rojo e o CD Tres Columnas se situaba penúltimo, o encontro comezou cun gran arranque por parte dos locais. Xa no minuto 1, o Ribeira gozou de dúas ocasións claras, facendo sentir a súa presenza sobre a pista. Coa presión alta sobre os contrarios, un roubo de balón permitiu a Adrián abrir o marcador cunha gran transición e un disparo colocado (1-0).
Sen embargo, tras o gol inicial, o equipo viu como o seu xogo se diluía aos poucos. A fatiga comezaba a facer mella e o ritmo baixaba. A pesar diso, a defensa do Ribeira seguía sólida, aínda que a falta de profundidade na xogo permitiu que o CD Tres Columnas chegase ao empate e, antes de chegar ao descanso, lograsen poñerse por diante. En dous erros defensivos, os visitantes deron a volta ao marcador e a primeira parte rematou cun 1-2 a favor dos salmantinos.
A clave do partido chegou ao inicio da segunda metade. O Ribeira F.S. volveu sacar o mellor do seu xogo coa mesma presión alta que na primeira metade, e en só 30 segundos, un roubó de balón de Marco permitiu a Adrián marcar o gol do empate (2-2). Apenas 4 minutos despois, e tras unha gran intervención de Cristian, que rexeitou un disparo lonxano, o propio Cristian, con toda a súa astucia, subiu ao ataque e sorprendía co seu disparo dende 15 metros, facendo o 3-2 e poñendo ao equipo ribeirense por diante de novo.
A partir de aí, o equipo soubo xestionar a vantaxe con control do balón. Non crearon grandes ocasións, pero tampouco sufrieron en defensa. O CD Tres Columnas non podía xerar perigo real, e o Ribeira mantivo a súa vantaxe. Nos minutos finais, os visitantes optaron por xogar con porteiro xogador, e foi aí cando Danilo, tras un roubó de balón, disparou dende 30 metros e sentenciou o partido cun gol que supoñía o 4-2.
Aínda quedaba emoción cando, a falta de 3 minutos, un disparo dos visitantes que desviou Saúl chocou co largueiro e, grazas á impresionante reacción de Cristian, o balón quedou nas súas mans. No contragolpe, o propio Cristian lanzou desde a súa área e anotou o 5-2 definitivo. Os últimos minutos foron de control absoluto, e o Ribeira conseguiu afianzar a súa victoria ante un Tres Columnas xa sen resposta.
Alineación do Ribeira F.S. Sibuscascoche:
1. Pablo Dorado (porteiro) | 2. Mateo | 3. Saul | 4. Xabi | 5. Adrián
Banquillo: 6. Jorge | 7. Danilo | 8. Marco Dorado | 9. Alex Prado | 10. Cristian (porteiro)
Goles do Ribeira: Danilo (1), Adrián (2), Cristian (2)
Os tres mellores xogadores:
– 3 puntos: Adrián
– 2 puntos: Marco
– 1 punto: Cristian
A frase do adestrador César:
«Non foi dos nosos mellores partidos, pero acadamos 3 puntos importantísimos que nos dan moita moral para seguir loitando para sair dos postos de descenso.»
Coa vitoria, o Ribeira F.S. Sibuscascoche adianta ao CD Tres Columnas na clasificación e sitúase antepenúltimo, con 12 puntos. O equipo viaxará na seguinte xornada a Salamanca para enfrontarse ao F.S. Ecotisa Salamanca, que se sitúa en onceavo posto con 19 puntos. O obxectivo está claro: continuar sumando para escapar da zona perigosa.

