Connect with us

Fútbol Sala

Santi asinou a vitoria dun Ribeira que mantén a folla de ruta impoluta na Alevín Preferente

O partido disputado no Pavillón Municipal de As Pontes entre O Esteo F.S. e Ribeira F.S. Manto Maquinaria foi un duelo de moita intensidade, no que os dous equipos amosaron o seu nivel e compromiso. A pesar de que o resultado final foi de 2-3 a favor dos visitantes, a loita durante todo o encontro foi desigual, destacando a reacción do Ribeira F.S. cando se atopaba por detrás no marcador.

Alineación do Ribeira F.S.:

– Bruno (Porteiro), Nacho, Hugo Álvarez, Adriano, Santi 

Banquillo:

– Iker Giraldo (Porteiro), Leo Doval, Pablo Rodríguez, Roi Cancela, Bruno Trashorras, Álex Muñoz

Goles:

– Ribeira F.S.: Nacho (0-1), Santi (2-2, 2-3)

Primeira parte igualada e dinámica.

O encontro comezou cun claro dominio do Ribeira F.S., que saíu á cancha decidido a manter a posesión do balón e a presión alta, mentres que O Esteo F.S. optaba por esperar atrás, buscando roubos e contragolpes para facer dano. Non tardou en chegar a primeira ocasión clara para os visitantes, cunha falta sobre Adriano cerca da área local que Nacho aproveitou para facer o 0-1 nunha acción executada a perfection. Nos minutos seguintes, o Ribeira F.S. gozou de varias ocasións claras para ampliar a súa vantaxe, pero non conseguiu materializalas. O control do partido parecía estar nas súas mans, pero O Esteo logrou o empate, cun disparo lonxano que pechou a primeira parte con empate a 1-1.

A segunda parte e a remontada visitante.

A segunda metade comezou cunha mellor versión de O Esteo, que se adiantou rapidamente grazas a un contragolpe ben executado, poñéndose por diante por 2-1 nos primeiros minutos do segundo tempo. O Ribeira F.S., despois de un par de minutos de baixón no seu rendemento, recuperou a súa intensidade e comezou a dominar a situación, xerando varias ocasións claras, pero sen concretar as súas oportunidades. Foi entón cando, faltando uns 4 minutos para o final, Santi recuperou un balón na meda pista e cun disparo potente desde lonxe fixo o 2-2 que devolveu a ilusión ao equipo visitante. Aínda con tempo por diante, a motivación dos de César creceu e, nunha xogada de estratexia a balón parado, Santi volveu ser protagonista, logrando o 2-3 cun golazo nun córner perfectamente executado.

Nos últimos minutos, o encontro converteuse nun verdadeiro correcalles. O Estoe, moi cerca de conseguir o empate, tivo unha oportunidade clara ao pegar o balón nos dous paus na última xogada. Pola súa parte, o Ribeira F.S. tamén estivo a piques de pechar o partido con dous man a man contra o porteiro local, pero o marcador non se moveu e o partido rematou cun 2-3 para os visitantes.

Os tres mellores xogadores:

– 3 puntos: Santi

– 2 puntos: Nacho

– 1 punto: Hugo Álvarez

Claves do partido: 

A clave foi non baixar os brazos despois de ir por detrás no marcador e manter a compostura a pesar da adversidade.

Frase do adestrador César:

«Partidazo dos dous equipos, no que nós tivemos máis acerto ao final do partido.»

Próxima xornada: 

O Ribeira F.S. Manto Maquinaria xoga como local en Lugo contra Alto do Vento F.S..

Patrocinio