Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira xogará a final de Preferente xuvenil feminina ante Amarelle

O Ribeira F.S. Lieders fixo historia este sábado no Pavillón de Chapela ao impoñerse con claridade por 2-7 ao Arealonga Chapela FS nun encontro correspondente á semifinal da Liga Xuvenil , demostrando madurez, intensidade e un fondo de armario que acabou sendo decisivo.

ALIÑACIÓN INICIAL DO RIBEIRA F.S. LIEDERS: Ainara Álvarez, Antía Corral, Carla Díaz, Noelia Lobato, Nerea Corral

BANQUIÑO: Alma Díaz, Carla Vázquez, Alba Pampín, María Rodríguez, Antía Rodríguez, Carla Veiga

1ª PARTE: O Ribeira acelera cando o Chapela esgota forzas

O partido arrincou cun xogo igualado, onde ambos conxuntos se mostraron prudentes e concentrados, buscando erros do rival máis que tomar riscos. Os primeiros minutos foron de estudo mutuo, cun xogo pechado e as defensas ben colocadas. Foi o Ribeira F.S. Lieders quen logrou abrir o marcador tras varios avisos, pero a alegría durou pouco xa que o Arealonga empatou pouco despois, aproveitando unha desatención puntual. Porén, co paso dos minutos, o Ribeira comezou a impoñer ritmo e intensidade, aproveitando a escasa rotación do equipo local. Con maior posesión e mobilidade, as visitantes atoparon os espazos e os goles. O descanso chegou cun esperanzador 1-3 para as de Rubas, que xa apuntaban ao control do partido.

2ª PARTE: A exhibición ofensiva sentencia o pase á final

Na reanudación, o Arealonga saíu con valentía buscando recurtar diferenzas, pero o Ribeira respondeu cunha presión alta e unha eficacia goleadora que sentenciou a eliminatoria. As xogadoras visitantes mostraron unha gran versión colectiva, con ataques elaborados e contundencia nas transicións. A porteira do equipo local evitou un resultado máis abultado cunha actuación destacada, pero non puido frear os goles que chegaron un tras outro. O Ribeira F.S. Lieders tivo momentos de desconexión nos minutos finais, onde o Arealonga xerou ocasións perigosas, pero María, segura baixo paus, evitou calquera susto.

O encontro concluíu cun claro 2-7, reflexo da superioridade física e técnica das lucenses, que xa teñen un billete para a gran final.

GOLEADORAS DO RIBEIRA F.S. LIEDERS:  Antía Rodríguez (3), Noelia Lobato (2), Nerea Corral (1), Carla Díaz (1)

AS MELLOR VALORADAS DO PARTIDO:

3 puntos – Antía Corral

2 puntos – Noelia Lobato

1 punto – Nerea Corral

Clave do partido:

A madurez colectiva do Ribeira para afrontar a eliminatoria con seriedade, gozando do seu xogo sen deixarse levar pola presión.

Declaración de Luna:

“Para nós xa era un premio estar nestas semifinais e alargamos este momento tan doce clasificándonos á final. As rapazas merecenno polos anos no clube e vamos ir a competir coa ilusión dun grupo variado pero sólido.”

O que vén agora: A gran final!

O Ribeira F.S. Lieders xogará a final da Liga Xuvenil Preferente Feminina o vindeiro 17 de maio ante o Viaxes Amarelle FSF, aínda sen campo confirmado. Un premio merecido para un equipo que quere soñar sen límites.

Patrocinio