Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira trazou a senda a seguir na División de Honra xuvenil

O xoves 6 de febreiro, no Pabillón do Palomar en Lugo, disputouse un partido intenso e cargado de emoción entre o RIBEIRA F.S. Sibuscascoche e o 5 Coruña F.S., pertencente á XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA. A pesar da derrota por 0-4, o equipo local deixou claro que está disposto a loitar ata o final.

Primeira parte: Unha batalla de tú a tú

Desde o pitido inicial, o RIBEIRA F.S. Saíu cunha intensidade impresionante, fronte a un 5 Coruña F.S. que chegaba coas pilas cargadas tras catro victorias consecutivas. O equipo local estableceu unha defensa sólida na media pista, dificultando as incorporacións do rival e provocando varias contras perigosas. Sen dúbida, un dos momentos máis destacados da primeira metade foi unha gran ocasión de Saúl, que, tras un contraataque rápido, disparou ao pau coa portería baleira. O 5 Coruña F.S. non se quedaba atrás e trataba de crear ocasións desde disparos longos, pero o porteiro local, Pablo, estivo inmenso baixo paus, mantendo o marcador en táboas durante toda a primeira metade. As mellores ocasións, sen embargo, foron para o RIBEIRA, que seguiu demostrando que a súa capacidade para crear xogadas era notable, aínda que a falta de definición mantivo o marcador sen goles. O resultado ao descanso foi 0-0, pero a sensación era que o equipo local estaba facendo un gran traballo fronte a un rival de moito nivel.

Segunda parte: O 5 Coruña marca a diferencia

Na reanudación, o 5 Coruña F.S. saíu con moita máis intensidade e, tras uns primeiros minutos de presión, comezaron a dominar a posesión do balón. A pesar de manterse firmes, os erros defensivos dos locais foron aproveitados polos visitantes, que se adiantarían no marcador cun gol que chegou tras un descoido defensivo. Sen baixar os brazos, o RIBEIRA F.S. intentou reaccionar, pero a sorte non estivo do seu lado: varias ocasións claras de recurtar distancias foron desaproveitadas. Cando mellor estaba o equipo local, un erro máis provocou unha falta ao borde da área, que supuxo o 0-3 a favor do 5 Coruña F.S. Neste momento, o partido parecía sentenciado. Aínda así, o RIBEIRA non deixou de loitar, pero no último tramo do encontro, Tubio foi expulsado de maneira moi polémica no minuto 37, e nunha xogada posterior, o 5 Coruña F.S. fixo o 0-4 xogando con vantaxe numérica.

Resultado final: 0-4

Alineación do RIBEIRA F.S. Sibuscascoche:

1. Pablo (porteiro), 2. Jorge, 3. Saúl, 4. Xabi, 5. Adrián

Banquiño:

6. Mateo, 7. Danilo, 8. Marco Dorado, 9. Mounir, 10. Cristian (porteiro), 11. Tubio

Os tres mellores xogadores do RIBEIRA F.S.:

– 3 puntos: Adrián

– 2 puntos: Saúl

– 1 punto: Pablo Dorado

Claves do partido:

A falta de gol segue sendo a asignatura pendente para o RIBEIRA F.S., que, a pesar de non conseguir marcar, demostrou un grande nivel defensivo e competitividade fronte a un dos mellores equipos da liga.

Expulsión:

– Tubio no minuto 37

Frase do adestrador César:

«A pesares da derrota, partidazo pola nosa parte contra un equipo que seguro que se vai a meter entre os dous primeiros clasificados. Se seguimos así, imos sumar moitos puntos.»

O equipo local deu unha lección de xogo e resistenza, e a pesar da derrota, as sensacións foron positivas. Se melloran os pequenos erros, o RIBEIRA F.S. non tardará en saír da parte baixa da clasificación.

O Ribeira f.s. Sibuscacoche viaxa a xornada que ven a xogar a Valladolid, contra Tierno Galván Agrocesa da propia cidade , que está quinto na clasificación e ven de catro derrotas consecutivas.

Patrocinio