Os de César racharon ca xeira triunfal dun Casás que obrigou a que Ribeira mostrase a súa mellor versión
Infantil Preferente Masculina
Ribeira FS Meizoso Fernández vs Casás
Resultado ao descanso: 4-1
Resultado final: 8–3
Aliñación (Ribeira FS): Matías, Hugo Jartín, Alex Freire, Yoel Darriba, Martín Ferreiro
Banquiño (Ribeira FS): Pablo Arias, Hugo Álvarez, Sergio, Alberto Durán, Pablo Piñeiro, Unai Vázquez, Bruno Díaz
Aliñación (Casás): Pesca, Gayoso, Ossian, Ángel, Vilor
Banquiño (Casás): Telmo, Varela, Sebas, Nico López
Goleadores:
— Ribeira FS: Alex Freire (2), Martín Ferreiro (2), Yoel Darriba (3), Hugo Jartín
— Casás: Ángel (2), Ossian
Destacados da xornada:
— Ribeira FS: Martín Ferreiro, Alex Freire, Yoel Darriba
— Casás: Ossian, Varela, Pesca
Resumo do partido:
O derbi comezou cunha gran intensidade por parte de ambos equipos. O Casás adiantouse no marcador, pero pronto os de César tomaron o control do encontro. Tralo empate a un, o Casás intentou defender a súa vantaxe, pero as chegadas á área rival foron sen fortuna. Mentres o Ribeira FS comezou a mellorar no xogo colectivo e a ter maior acerto nas ocasións, os de Frei non foron capaces de concretar as súas accións en goles. A partir do 4-1, os locais fixeronse co partido e lograron ampliar a vantaxe, cunha gran segunda parte, marcando catro goles máis, aproveitando os espazos deixados polo Casás, que despois dunha boa primeira parte, non conseguiu resistir ao dominio do rival.
Clave do partido:
A falta de acerto do Casás nos metros finais e a boa efectividade do Ribeira FS nas ocasións.
Frase de César (Ribeira FS):
«Partido completísimo ante un gran rival que nos exixiu moito, pero que sacamos adiante cun bo xogo.»
Frase de Frei (Casás):
«Felicitar ao grupo polo esforzo realizado e se melloramos nas nosas carencias, seremos un equipo moi forte.»
Próximo enfrontamento (Ribeira FS):
O Ribeira FS xogará un duelo por todo o alto contra o 5 Coruña, o primeiro contra o segundo clasificado.
Próximo enfrontamento (Casás):
O Casás recibirá ao Narón Freixo, último clasificado pero sempre un equipo combativo.