
Nun mediodía lucense cunha atmosfera tensa e chea de necesidade de puntos, o Ribeira F.S. Sibuscascoche enfrontábase a un dos cocos da Liga, o C.D. Intersala Salamanca, nun duelo que deixou claro o porqué da esixencia desta categoría.
ALIÑACIÓN INICIAL DO RIBEIRA F.S. Sibuscascoche
Cristian (P) – Jorge – Saul – Xabi – Adrián
Banquiño: Mateo – Xabi Tubío – Danilo – Mounir
Goleador do Ribeira F.S. Sibuscascoche
Xabi García
Unha primeira parte que escapou entre erros
O encontro comezou cun ritmo vertixinoso imposto polo conxunto salmantino. O Ribeira, ben plantado nos primeiros compases, resistiu con orde e incluso tivo 2 ou 3 contras claras que puideron cambiar o rumbo do partido. Mais todo iso torceuse en apenas uns minutos. Tres erros graves na saída de balón foron aproveitados polo rival para poñerse cun contundente 0-3. Ese golpe sicolóxico pasou factura, e antes do descanso chegarían dous tantos máis para un 0-5 que deixaba moi tocado ao equipo dirixido por César.
A segunda metade, un calco da desesperanza
A volta dos vestiarios foi aínda máis dura. En apenas 10 segundos, un novo erro permitía o 0-6, afundindo calquera esperanza de remontada. O Ribeira conseguiu maquillar lixeiramente o resultado co 1-6, pero foi só un espexismo. O Intersala non afrouxou e seguiu cun ritmo abafante ata o 1-9 final.
Un rival superior, un aviso a tempo
O nivel físico e táctico do Intersala foi, sen dúbida, a clave do encontro. A intensidade altísima fixo imposible que o Ribeira puidese entrar no partido de verdade
Os tres mellores do encontro
3 puntos: Danilo
2 puntos: Cristian
1 punto: Mateo
Declaración do adestrador César:
«Temos que traballar moito porque nos quedan cinco finais para salvar a categoría»*
A loita pola permanencia entra na súa fase decisiva
O Ribeira F.S. ocupa agora mesmo a antepenúltima posición da táboa, a un punto da salvación que marca ED Vigo 2015. Con só cinco xornadas por diante, cada partido será unha auténtica final. A próxima parada será en Ferrol, ante O Parrulo F.S., nunha pista sempre complicada.
O calendario final do Ribeira F.S. Sibuscascoche:
1. O Parrulo F.S. (fóra)
2. Lugo Sala (casa) – *Derbi lucense*
3. San Cristobal (fóra)
4. Carballiño F.S. (casa)
5. Stellae Leis (fóra)
A permanencia está en xogo, e cada punto pode marcar a diferenza entre seguir na elite xuvenil ou perder a categoría. Toca remar.

