Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira sofre, pero xa está nas semifinais da Copa alevín feminina

Categoría: Copa Alevín Feminina

Senso Lago Sport vs Ribeira “En Boas Máns”

Resultado ao descanso: 1 – 2

Resultado final: 2 – 3

Alineación titular:  Daniella Polo – Nerea Rodríguez – Antía Cancela – Cira Porto – Lola Zapata

Banquiño : Andrea López – Vega Zapata – Elena Álvarez – Éire Pin – Paula Yebra

Goleadoras: Cira Porto – Antía Cancela – Lola Zapata

O encontro comezou cun ritmo contido e moitas precaucións por parte de ambos equipos. O Senso Lago Sport, cun plantexamento ambicioso, dominou por fases e puxo contra as cordas ao Ribeira, que amosou moitas dificultades na circulación e creación de xogo. O equipo local adiantouse cun potente disparo exterior, golpe que pareceu descentrar aínda máis ás lucenses. Porén, o Ribeira recorreu á súa mellor arma en días de pouca inspiración, a estratexia. Así chegaron dous goles que deron a volta ao marcador grazas á efectividade nas xogadas a balón parado e á seguridade atrás de Daniella e Cira. Con moitas dúbidas pero cun resultado favorable, as visitantes foron ao descanso por diante.

Tralo paso polos vestiarios, o Lago saíu con forza, aumentando a intensidade e apertando arriba, o que lle deu ocasións para empatar. O Ribeira, sen conseguir dominar, víase superado en moitas fases e acabou encaixando o empate nunha desafortunada xogada chea de rebotes. Daniella fixo unha gran intervención pero o balón acabou entrando tras un choque con Cira. Co marcador igualado, os nervios fixéronse sentir no Pavillón Municipal das Pontes. Sen embargo, a dous minutos do final, cando todo apuntaba a unha posible prórroga, apareceu Lola Zapata para, cun zurdazo pola escadra, sentenciar a eliminatoria. Un gol que fixo enmudecer ao público e que clasifica ás lucenses para as semifinais a pesar dun encontro pouco brillante.

As 3 mellores do Ribeira segundo a adestradora Luna:

3 puntos: Daniella Polo

2 puntos: Cira Porto

1 punto: Nerea Rodríguez

Clave do partido:

A estratexia coma alternativa cando non tes o día en todo o demais.

Frase da adestradora Luna:

“Esta eliminatoria ensínanos que cada fase que avanzamos, é máis esixente e que temos que dar un pasiño importante de cara ás semifinais. A pesar do mal xogo, feliz polo equipo e orgullosas de meternos entre as 4 mellores onde iremos a competir e dar moita guerra.”

Próxima xornada:

O Ribeira “En Boas Máns” disputará as semifinais da Copa Alevín Feminina o vindeiro 25 de maio contra Arealonga F.S. Chapela, primeiro clasificado do Grupo B da Preferente Alevín. Un duelo que se prevé apaixoante.

Patrocinio