
Na última xornada Ribeira cítase con Lugo Sala nun derbi ao que os capitalinos chegan con opcións de asaltar o título da Preferente cadete masculina
Ribeira F.S. Autoacares Álvarez logran a vitoria ante o Troula Betanzos no seu retorno ao triunfo tras tres partidos sen gañar
O equipo cadete do Ribeira F.S. Autoacares Álvarez sumou unha victoria importante na Casa do Deporte de Frigsa, en Lugo, onde se enfrontou ao Troula Betanzos F.S. O conxunto lucense impúxose 4-3 aos betanceiros, nun partido cheo de xiros e emocións, onde a capacidade de reacción dos locais foi clave para acadar os tres puntos.
Descanso: Ribeira F.S. 2-1 Troula Betanzos
Final: Ribeira F.S. 4-3 Troula Betanzos
Alineación do Ribeira F.S. Autoacares Álvarez:
Juan – Brais – Iván – Iker – Miguel
Banquillo:
Erik – Álvaro – Héctor – Aarón – Iago – Mario
Goles:
Brais, Iker (2), Álvaro
Resumo da 1ª Parte
O partido comezou cun Ribeira F.S. algo adormecido, o que facilitou que o Troula Betanzos xerase varias ocasións perigosas grazas a balóns á espalda da defensa, que sorprendían aos locais. O equipo de Pablo Díaz non lograba reaccionar, e tras un roubo de balón chegou o primeiro gol dos visitantes a falta de 8 minutos para o descanso. Este gol foi un punto de inflexión para o Ribeira, que se reactivou rapidamente. Só un minuto despois, Iker igualaba o marcador, e antes de que se chegase ao descanso, Álvaro puxo ao Ribeira por diante co 2-1, nunha gran xogada colectiva.
Resumo da 2ª Parte
Na reanudación, o Ribeira F.S. saíu moito máis enchufado, dominando o partido e tendo o control do balón. Sen embargo, o Troula Betanzos non se deu por vencido e foi pouco a pouco meténdose no encontro, xerando novas ocasións. O empate chegaba no minuto 32, tras un gol visitante que fixo saltar as alarmas no bando local. Non obstante, a resposta foi inmediata, ao minuto seguinte, Iker volvía a poñer ao Ribeira por diante cun gol que deu aire aos lucenses. Co 3-2, o Ribeira recuperaba a confianza e volvía a dominar o encontro. Finalmente, Brais anotaba o 4-2 a falta de 5 minutos, case selando a vitoria. A pesar dunha última tentativa do Troula Betanzos por achegarse no marcador, os locais mantiveron a vantaxe e selaron os tres puntos cun 4-3 final.
Claves do partido
A capacidade de reacción rápida ante os goles do rival foi esencial para que o Ribeira non se descolgara no marcador e mantivera sempre a iniciativa no xogo. O equipo mostrou madurez e solvencia para xestionar os momentos máis complicados do encontro, logrando recuperar a vantaxe en cada ocasión que o Troula logrou igualar.
Frase de Pablo Díaz
“Non foi o mellor partido da tempada, pero volvemos á vitoria despois de tres partidos sen ganar”
O Ribeira F.S. Autoacares Álvarez pecha a súa participación nesta liga cadete preferente cun último encontro ante o Lugo Sala, onde teñen a oportunidade de pechar a tempada cun gran derbi e, por que non, sumar outra vitoria importante.

