División de Honra Xuvenil: STELLAE LEIS F.S. vs RIBEIRA F.S. SIBUSCASCOCHE
Resultado ao descanso: 0-1: Resultado final: 0-3
Alineación titular ; Cristian – Xabi Tubio – Saul – Jorge – Adrián
Banquiño ;Miguel – Mateo Minh – Danilo – Mounir – Álvaro
Goleadores: Xabi Tubio (2), Saul
O Ribeira F.S. saíu moi ben plantado sobre a pista do Pavillón Monte Carrasco de Marcón, cunha defensa en media pista ben organizada, agardando o erro rival para saír con velocidade. Aos dous minutos chegou o premio, roubo de Saúl e asistencia para Xabi Tubio, que con gran habilidade de pivot xira e define para poñer o 0-1. Ese gol temperán deu tranquilidade ao equipo de César, que seguiu co bloque baixo e sen conceder ocasións claras. A pesar de contar con varias contras perigosas para ampliar vantaxe, faltou acerto. O Stellae Leis só inquietou en dous córners ben defendidos por Cristian, que mantivo a portería a cero.
Na reanudación, os locais aumentaron a presión, pero os lucenses mantíverónse firmes co mesmo plan, orde defensiva e saída en velocidade. A metade do segundo tempo chegou o segundo gol tras unha gran combinación entre Saúl e Adrián. Sen tempo para reaccionar, unha presión alta permitiu un novo roubo que Xabi Tubio non desaproveitou para anotar o seu segundo tanto e poñer o 0-3. A partir de aí os Pontevedreses intentaron recortar distanzas con 3 ou 4 ocasións claras, todas desbaratadas por un seguro Cristian. Nos minutos finais, os dous equipos notaron o desgaste físico e Ribeira controlou o balón ata o asubío final.
Os destacados de César:
3 puntos:** Adrián
2 puntos: Saúl
1 punto: Xabi Tubio
Clave do partido:
O gran traballo defensivo e a intensidade mantida durante os 40 minutos foron decisivos para lograr os tres puntos.
Frase de César:
“Partido máis completo en liñas xerais de todo o ano. Gran esforzo destes rapaces que creo que se merecían salvar a categoría.”
O Ribeira F.S. pecha a tempada con esta vitoria, mantendo a categoría e poñendo fin a unha tempada de loita e compromiso. ¡Noraboa, equipo!