Connect with us

Voleibol

Ribeira Sacra levouse un derbi de poder a poder na infantil feminina

Arenal Emevé protagonizou un encontro moi competitivo na Primeira División infantil feminina, aínda que acabou cedendo por 2-3 no derbi provincial fronte a Aceites Abril, nun partido marcado pola igualdade e a intensidade ata o último punto.

O inicio non foi favorable para as lucenses, que non conseguiron atopar o seu xogo no primeiro set, resolto por 12-25. Lonxe de verse afectado, o Arenal Emevé reaccionou con personalidade, mellorando notablemente no saque e na continuidade do xogo para dominar os dous seguintes parciais con claridade (25-10 e 25-14), poñéndose por diante no marcador.

No cuarto set, Aceites Abril recuperou a iniciativa e logrou igualar o encontro cun 20-25 que levou o partido ao desempate. O quinto set estivo marcado pola máxima igualdade, con intercambios longos e moita tensión competitiva, pero finalmente o parcial caeu do lado visitante por un axustado 12-15.

A pesar da derrota, o Arenal Emevé deixou unha imaxe moi positiva, destacando pola súa capacidade de reacción e polo espírito competitivo demostrado nun derbi provincial de gran esixencia.

Advertisement