Triunfo por 2-4 ante Amarelle FSF nun intenso duelo disputado no Pavillón San Francisco Javier da A Coruña
Resultado no entretempo; 2-3
Resultado final; 2-4
O Ribeira F.S. “En Boas Mans” deu un golpe enriba da mesa este domingo pola mañá nos oitavos de final da Copa Alevín Feminina, ao superar por 2-4 ao Amarelle FSF nunha eliminatoria a partido único celebrado no Pavillón San Francisco Javier da A Coruña. Un encontro que comezou costa arriba para as de Luna pero que rematou co billete aos cuartos grazas á madurez e o carácter competitivo dun grupo que non deixou de crer en ningún momento.
Alineación inicial: Daniella Polo – Nerea Rodríguez – Éire Pin – Cira Porto – Andrea López
Banquiño: Lola Zapata, Vega Zapata, Elena Álvarez, Antia Cancela, Paula Yebra
Primeira metade: Remontada con carácter
O partido arrincou cun ritmo vertixinoso, con dous equipos decididos a buscar a vitoria. O Ribeira apostou por unha presión alta que lle permitiu recuperar balóns perigosos, especialmente a través dunha activa Nerea Rodríguez. Sen embargo, a falta de acerto nas finalizacións xerou certa ansiedade no conxunto visitante, que viu como o Amarelle aproveitaba dúas accións illadas e algo de debilidade defensiva para poñerse 2-0 por diante nun curto intervalo de tempo. A reacción do Ribeira foi inmediata e, tras un tempo morto táctico clave, Andrea López asumiu protagonismo e cun par de accións individuais espectaculares conseguiu empatar o encontro. Pouco antes do descanso, Nerea culminou a remontada con xustiza para o visto na pista, establecendo o 2-3 no marcador.
Segunda metade: Control e sentenza
Na reanudación, o Amarelle tentou volver entrar no partido, pero as luguesas presentaron unha versión moito máis sólida. Coa presión alta funcionando e un mellor posicionamento defensivo, o equipo de Luna non só contivo os ataques rivais, senón que ampliou a vantaxe cun gran gol de Éire Pin, que sentenciou a eliminatoria cunha finalización precisa.
Sen grandes alardes no xogo, o Ribeira amosou unha gran madurez para conservar o resultado e garantir o seu pase á seguinte rolda, onde se verá as caras co Senso Lago Sport de As Pontes por un posto nas semifinais.
As mellores do partido:
– 3 puntos: Éire Pin
– 2 puntos: Andrea López
– 1 punto: Nerea Rodríguez
A clave do partido:
A madurez do grupo para repoñerse nun momento complicado e reconducir o encontro con oficio.
Declaración da adestradora, Luna:
«Mala primeira parte na que a pesar de todo, remontamos un resultado adverso e na segunda metade estivemos máis serias. Debemos mellorar certos aspectos e ir ás Pontes a competir por un posto nas semifinais.»*