Ribeira F.S. Lieders – Viaxes Amarelle F.S.F.
Resultado ao descanso: 0-3
Resultado final: 1-6
Alineación titular : AINARA – CARLA VEIGA – ALBA – ANTÍA CORRAL – CARLA DÍAZ
Banquiño :MARÍA MÉNDEZ – ANTÍA RODRÍGUEZ – CARLA VÁZQUEZ – MARÍA GRANERO – ALMA – NEREA – NOELIA
Gol: ALMA DÍAZ
O Ribeira F.S. Lieders chegou ao Pavillón de Baltar en Sanxenxo con ilusión e ambición, preparado para disputar a final da Preferente Xuvenil Feminina ante un poderoso Viaxes Amarelle F.S.F., que viña de superar con autoridade ao Poio. O encontro arrincou cun ritmo alto e un claro respecto mutuo entre dous equipos que fixeron una gran tempada , e que buscaron as súas opcións desde o primeiro minuto. As lucenses tiveron algunha chegada perigosa, pero foron as herculinas quen abriron a lata cun doble golpe practicamente consecutivo que deixou tocadas ás xogadoras do Ribeira. No último minuto do primeiro acto, o Amarelle volveu golpear para poñer o 0-3 no marcador, un resultado moi duro para encarar a segunda metade.
O Ribeira F.S. saíu dos vestiarios con carácter e co obxectivo claro de recurtar distancias canto antes. A intensidade foi a nota dominante nos primeiros minutos, pero o tempo xogaba en contra das lucenses, e o cuarto tanto do Amarelle, aos sete minutos da reanudación, afundiu aínda máis as súas opcións. Aínda así, non baixaron os brazos e continuaron loitando, pero no minuto 38 chegou o 0-5, practicamente a sentencia da final. Alma Díaz, no minuto 40, puxo o 1-5 e deu unha pequena alegría á bancada lucense cun gol merecido. Xa no 46, as coruñesas fixeron o definitivo 1-6, que pechou o partido e a competición.
Clave do partido:
A capacidade goleadora do Viaxes Amarelle foi decisiva para o desenlace da final, amosando unha pegada letal nos momentos clave do encontro.
O Ribeira F.S. Lieders despídese así da Preferente Xuvenil Feminina cun sabor agridoce, tristeza pola derrota na final, pero orgullo por unha tempada destacada e un crecemento continuo que promete novos éxitos no futuro.