
Un derbi cargado de intensidade e emocións disputado no Pabillón Municipal dos Deportes en Lugo, o Ribeira F.S. Autoacares Álvarez logrou levarse os tres puntos tras superar ao Casás por 3-2 nun enfrontamento correspondente á categoría Cadete Preferente Masculina.
A primeira parte foi claramente dominada polo equipo local. O Ribeira impuxo unha defensa sólida e moi presionante, que lle permitiu roubar numerosos balóns e saír ao contragolpe con moita velocidade. As ocasións para os de Pablo Díaz non se fixeron esperar, chegando a estrellar dous balóns no pau e sendo o porteiro rival, Álvaro, o mellor do seu equipo, mantendo con vida ao Casás con varias intervencións decisivas. Con todo, un erro defensivo na marca no minuto 18 permitiu que o Casás se acercarse no marcador cun gol de Samu , chegando antes do descanso o 3-1 favorable ao Ribeira.
A segunda parte comezou con moita máis intensidade por parte do Casás, que se lanzou ao ataque cun estilo máis directo e físico. A pesar das boas ocasións xeradas, o equipo visitante non conseguiu acerto nas definicións, e foi só grazas a unha perda de balón do Ribeira no seu propio campo que Ian conseguíu reducir distancias no marcador para poñer o 3-2 definitivo. O Casás non conseguiu materializar máis oportunidades e o Ribeira mantivo o control ata o pitido final, sumando unha victoria clave para as súas aspiracións na liga.
Alineacións:
Ribeira F.S. Autoacares Álvarez: Erik, Brais, Dani, Héctor, Miguel.
Banquillo: Hugo, Álvaro, Iago, Iker, Mateo, Aaron.
Goles: Dani (2), propia porta.
Casás: Álvaro, Samuel, Ian, Israel, Paul.
Banquillo: Rodrigo, Fente, David López, Cereijo, Lois.
Goles: Samu, Ian.
Os tres mellores do Casás:
3 puntos: Samu
2 puntos: Paul
1 punto: Israel
Claves do partido :
Pablo Díaz (Ribeira F.S. Autoacares Álvarez): «Unha primeira parte moi completa serviu para decantar o marcador a favor do Ribeira.»
«Seguimos competindo semana a semana, cada vez un pouquiño mellor e coa ilusión de seguir mellorando.»
Ángel (Casás): «A falta de acerto nos últimos metros foi determinante.»
«Seguimos traballando todos os aspectos do xogo para ser máis completos durante todo o partido.»
Coa vitoria, o Ribeira sitúase terceiro na clasificación, a tan só catro puntos do líder, e na próxima xornada visitará ao Troula F.S. en Betanzos. Pola súa parte, o Casás, que marcha sexto con 6 puntos, preparará o seu próximo partido na casa contra o Galicia Gaiteira Futsal, na loita por recuperar sensacións e sumar puntos fundamentais na súa permanencia.

